jueves, 16 de abril de 2009

O vampiro de Highgate


Este é o Círculo do Líbano, no cemiterio londinense de Highgate, no que, posiblemente, transcurren varios dos capítulos de Drácula. Ben podería ser que a pobre Lucy Westenra fose sepultada aquí para descansar en paz...
Nos anos setenta, correu o rumor de que un ou varios vampiros vivían neste cemiterio. Incluso se organizou unha expedición, capitaneada por un tal Sean Manchester, que presumía de ter acabado con vinte vampiros e que, supostamente, acabou tamén coa non-vida do vampiro de Highgate. Quén sabe? Cousas máis incribles e máis aterradoras suceden cada día neste extraño mundo...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade é que só me faltaban tres anos para acabar de pagar a hipoteca do panteón, e por culpa daquelo tiven que marchar e deixalo todo: se cheguei un día á casa e apestaba... Enchérana toda de allo!

Anónimo dijo...

Eu tamén estou cunha hipoteca, pero da casa, e xa teño que ir pensando en buscar domicilio para a miña próxima non vida...Ai, qué sinvivir.Gústame o panteón do fondo (porque eu, nada de nichos, qué cutrería e qué pouco práctico para baixar del cada noite), pero me temo que entre os non mortos, como entre os vivos, tamén hai clases, e Highgate ven sendo un deses residenciais prohibitivos. Xa que estou hoxe prosaica, poderíame alguén dicir de qué demo viven os vampiros? Porque se hai que traballar, eu me desapunto.