lunes, 21 de diciembre de 2009

BÓ NADAL



Dado o ton moderadísimamente incorrecto e libertario deste blog, non podíamos menos que desexarvos un Bó Nadal da forma tradicional, coa imaxe do Portal e a Adoración dos Reis, e non cunha desas imaxes asépticas tan de moda e que non se sabe a qué festa se refiren: Nadal, de Natalis, ou Navidade, de Natividade, é decir, Nacemento. Déixamosvos tamén un poema de Gloria Fuertes e unha invitación a que sigades mirando o blog durante as Festas. Non vai estar parado! Unha aperta e que se cumpran os vosos mellores desexos.

Ya está el Niño en el portal, que nació en la portería.
San José tiene taller,
y es la portera María.

Vengan sabios y doctores
a consultarle sus dudas,
el Niño sabelotodo
está esperando en la cuna.

Dice que pecado es
hablar mal de los vecinos
y que pecado no es
besarse por los caminos.

-Que se acerquen los pastores,
que me divierten un rato,
que se acerquen los humildes,
que se alejen los beatos.

-Que pase la Magdalena,
que venga San Agustín,
que esperen los Reyes Magos

que les tengo que escribir.

jueves, 17 de diciembre de 2009

Estou desolado





Vexo que hai problemas para ver (ou visualizar, que din agora) a barra lateral en güindous e en chrome. Estamos ahí nun sinvivir, tratando de amañalo, pero non hai forma. Se é posible, usade o Firefox, ho, que vai de medo...
Veña, descargádeo xa...
E se o queredes en galego, ide aquí.

lunes, 14 de diciembre de 2009

E se saíse ben?


Pois iso, e se o experimento de Viktor Frankenstein saíse ben? Puido lograr algo así coma Sean Young, unha das "replicantes" de "Blade Runner". Xa sabedes, nun futuro próximo, cós seres vivos case extintos, a biotecnoloxía crea androides tan perfectos (ai!) coma Sean Young.
E aquí desvelo o obxecto da miña polémica. Tal vez podemos atribuír a Mary Shelley un prexuízo lexítimo, que o Ser Humano e as súas creacións (coma a Ciencia) son limitadas e polo tanto debe... alá cada quen, que saque as súas conclusións.
Pode ser. Pero, aparte disto, ninguén me negará que tamén se puido plantexar a posibilidade do éxito. Sería menos dramático? Ben, para o Ser Humano sería problemático (temos alma?), pero para a "criatura"... qué sería, tráxico? Ó que vou. Xa dixen unha vez que o tema central, para min, é a propia condición de "criatura" do noso amigo sen nome, creado por quen fose, abandonado á súa sorte, rexeitado polos seus "semellantes"... Coma nós. Cómo era aquilo que lle dicía o policía interpretado por Edward James Olmos a Harrison Ford en "Blade Runner", cando éste aínda non sospeitaba a súa propia condición?:
-Mágoa que a rapaza non poida vivir, pero... Quén vive?

sábado, 5 de diciembre de 2009

FINA ESTAMPA






Así decía unha canción de María Dolores Pradera falando dunha especie en perigo de extición. Pois ben, aquí tedes un dos últimos exemplares de CABALEIRO.

viernes, 27 de noviembre de 2009

FREAKS

En España titulouse "La parada de los monstruos". Foi dirixida en 1932 por Tod Browning (no centro da foto, con bigote), o mesmo que dirixiu a Bela Lugosi en "Drácula".
Queredes saber de qué trata? Dun circo ambulante onde un grupo de seres humanos expoñen as súas taras físicas e mentais como espectáculo para os seres "normais". Ten escenas moi duras, é crudísima, pero tamén é reconfortante a humanidade dos "freaks", a súa camaradería e a axuda mutua que se prestan para facer fronte á crueldade e á estupidez humana. Por certo, os actores eran realmente "freaks", seres distintos e marabillosos. Contan que moitos actores da Metro-Goldwin-Mayer non soportaban a súa presencia na cafetería e nos corredores dos estudos. Eu teño case a convicción de que unha película así sería imposible de estrear hoxe en salas de cine comerciais. E pasou case un século.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

IMPORTANTE: LEDE ISTO XA

Ola. Aquí podedes ver ou descargar unha presentación titulada "Monstros". Gustaríame que a vísedes (ou visionásedes, que din algúns e algunhas) e despóis (só despóis) participedes na enquisa que aparece á dereita da páxina.
Nota: a presentación, lóxicamente, está feita en OpenOffice, pero déixovola no formato ppt, porque sei que a maioría seguides empregando o Sistema Inoperante do Lado Escuro. En fin, xa veredes algún día a luz de Linux.

lunes, 23 de noviembre de 2009

Elemental, querida amiga


Elemental, querida Patricia. O seu comentario é elemental. Eu son o xenuino Sherlock, como fun o mellor Van Helsing e o máis grande Frankenstein.
Ah, se eu non fose tan misóxino, ata recoñecería e saudaría abertamente a súa intelixencia e bó gusto!
Por certo, o da miña misoxinia é certo. Qué ten de raro que convivan xuntos durante anos e anos dous cabaleiros sensatos coma Watson e coma min? Non o fan Epi e Blas?
Á xente gústalle falar... e ler novelas. Se se conformasen coa televisión...

Drácula ou Frankenstein? Os dous!

Esta entrada do blog quere ser un pequeno recoñecemento a unha das nosas compañeiras, que non estivo connosco o curso pasado, pero que quere recuperar o tempo perdido e, ademáis de Frankenstein, tamén está lendo Drácula. Así se fai! Para ela e para o resto deixamos estas dúas fotos de Peter Cushing. Na da esquerda interpreta a Van Helsing (non, non é Seward, é Van Helsing, cousas do cine) e na da dereita interpreta a Víktor Frankenstein a punto de inocularlle á súa criatura a vacina contra a gripe A (é broma).
Por outra parte, algúns de vós dixéronme que non puideran facer comentarios desde os ordenadores do instituto. Non sei a qué se debe. A outra xente nunca lle deu problemas: é certo que cando se pulsa en "publicar comentario" volve aparecer a mesma ventá, pero solicitando un código que hai que copiar. Cópiase o código e vólvese pinchar en "publicar". Probade así. En último caso, se non tedes acceso a Internet ou o que sexa, pasádenos o texto que queredes subir ós comentarios e nós encargámonos de poñelo. Saúdos.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

O paraíso perdido











Estes son os versos de Milton (Paradise Lost) que 
Mary Shelley puxo ó comezo da súa novela:

Oh, meu Creador! Acaso pedinche eu
que me arrancases da lama
e me levases das tebras á luz?

martes, 17 de noviembre de 2009

A vida é soño e os soños... cine son



















Un amable lector avísanos da existencia dunha versión cinematográfica de Frankenstein do ano 1910. Aquí tedes un enlace a Youtube para vela.

Carta aberta a Robert Walton

Estimado Sr. Walton: lamento informalo de que as súas fantasías e esperanzas sobre o Polo Norte son infundadas. O casquete polar é un inmenso bloque de xeo no que fai un frío que pela e, por riba, non hai cobertura para a Televisión Dixital, aínda que, de ser certas as modernas teorías sobre o cambio climático, pronto podería ser unha extensión de mar. En todo caso, coidado con ese entusiasmo e ese afán de saber. Non parece sano. Querer saber está ben, pero hai outras cousas que merecen a pena: a literatura, as castañas, a cervexa negra, os amigos, unha muller boa... A min o Polo, a día de hoxe, cáusame extrañeza e desconfianza: é un lugar solitario, moi lonxano, desértico, atractivo, si, para un físico ou un matématico, pero- cómo diría?- ... frío, carente de vida e calor humano. Non sei, non me augura nada bon. Non se plantexou vostede descubrir as fontes do Nilo ou explorar a África Negra? Por qué o Polo, precisamente?

domingo, 8 de noviembre de 2009

Actividades

Aquí tedes unha imaxe do Rockefeller Center de New York. Ten relación có título da nosa novela. Trátase de averiguar por qué Mary Shelley subtitulou a súa novela como o fixo e a quen representa a escultura que aparece nesta imaxe. Tamén se trata de saber por qué no Rockefeller Center colocaron esta escultura e non outra. Podedes respostar no apartado de comentarios. Firmade có voso nome de pila. A ver quen o fai antes! Hai premio...

jueves, 5 de noviembre de 2009

FRANKENSTEIN

Finalmente, foi Frankenstein o elexido polos alumnos para empezar as actividades do Club de Lectura. Preparádevos, amiguiños: quédanvos tres meses de angurias e pesadelos.
Gañaredes as gominolas a costa da vosa tranquilidade, baixaredes ás criptas có doutor, pasaredes as noites en vela, mouras serán as bolsas dos vosos ollos, ata pode que vos saian canas de medo e sabedoría. Ai, a sabedoría! Qué pouco orixinal, caer no pecado orixinal!
En fin, aquí vos deixo unha foto de Boris Karloff, quen interpretou á "criatura" na película "Frankenstein", dirixida por James Whale en 1931 para os estudos de cine Universal.
Ah, e non esquezades levar unha pala á próxima reunión! Hai que empezar a traballar...

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Mary Shelley, autora de Frankenstein