jueves, 29 de octubre de 2009
PRIMEIRA REUNIÓN
O XOVES 5 DE NOVEMBRO CELEBRAREMOS A PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA. SERÁ NO SALÓN DE ACTOS DURANTE O SEGUNDO RECREO. NON FALTEDES. HAI UNHA NOVIDADE: EN LUGAR DO LIBRO PLANEADO, PODEREDES VOTAR E ESCOLLER ENTRE VARIAS OPCIÓNS. SERÁ DE TERROR, DE AVENTURAS, DE AMOR??? QUÉ NERVIOSSSSSS!...
Etiquetas:
reunion
miércoles, 21 de octubre de 2009
TREASURE ISLAND!
-Por mil millóns de naufraxios! Polas barbas de Belcebú! Pero qué tripulación é esta, que aínda non embarcou? Andarán todos encharcados en ron polo peirao de Santa Marta! E estes mixericas son os que pretenden ler a Illa do Tesouro? Teñen mans de señoritos, dígocho eu, teñen os polgares deformados de tanto darlle á Pleiesteixon! Non teñen a pel curtida, non están afeitos a pasar a noite en vela, lendo cunha linterna, nin a raspar a súa delicada pel con miles e miles de páxinas de papel barato!
-Aprenderán, capitán. Déixeos da miña man. Un pouco de látigo, un capítulo por día e unha ración de polbo crú! É todo o que precisan.
-A Illa do Tesouro, nada menos! Picaron ben o anzó. Tragárono enteiro, si. Se acaban a Illa do Tesouro, xa nunca poderán deixar de ler! Serán dos nosos, da nosa tripulación! Ha, ha, ha, ha, ha!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)