miércoles, 21 de octubre de 2009

TREASURE ISLAND!

-Por mil millóns de naufraxios! Polas barbas de Belcebú! Pero qué tripulación é esta, que aínda non embarcou? Andarán todos encharcados en ron polo peirao de Santa Marta! E estes mixericas son os que pretenden ler a Illa do Tesouro? Teñen mans de señoritos, dígocho eu, teñen os polgares deformados de tanto darlle á Pleiesteixon! Non teñen a pel curtida, non están afeitos a pasar a noite en vela, lendo cunha linterna, nin a raspar a súa delicada pel con miles e miles de páxinas de papel barato!
-Aprenderán, capitán. Déixeos da miña man. Un pouco de látigo, un capítulo por día e unha ración de polbo crú! É todo o que precisan.
-A Illa do Tesouro, nada menos! Picaron ben o anzó. Tragárono enteiro, si. Se acaban a Illa do Tesouro, xa nunca poderán deixar de ler! Serán dos nosos, da nosa tripulación! Ha, ha, ha, ha, ha!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ben! Podo presumir que este ano van dar ron en lugar de gominolas?

Biblioteca dijo...

Poderás presumir de pertencer a esta tripulación, se é que te aceptamos, mariñeiro de auga doce!