jueves, 4 de febrero de 2010

PIRATAS, CORSARIOS, BUCANEIROS, FILIBUSTEIROS E OUTROS MALANDRÍNS MARINOS (OU FLUVIAIS)

Existen dende que se coñece a navegación, mais ou menos. Mariños que atacaban barcos e cidades costeiras. As actividades delictivas cometidas no mar ou dende o mar están recollidas na literatura mais antiga: O mesmísimo Ulises tiña tanto de pirata como de heroe. E, non nos levemos a engano, nunca estas actividades foron mal vistas por todo o mundo. Cantos estados non se beneficiaban directa o indirectamente delas e fixeron (e fan) a vista gorda ante os desaforamentos que perpetraban certos barcos nas súas costas ou fora delas.
No século XVII esta relación entre estados e piratas consolidouse de xeito “institucional”. Algúns gobernos empezaron a emitir as chamadas patentes de corso, autorizando expresamente aos barcos a atacar outros barcos e portos inimigos, eso si, compartindo o botín. Xurdiu así a figura do corsario: O pirata con licencia. Esta especie de guerrilla marítima (pero con botín) foi o xeito de facer a guerra de países como as Provincias de Holanda ou o reino de Gran Bretaña contra o dominio do maior dos imperios, o español.
Pero mais tarde, estes mesmos corsarios decidiron desligarse do “contrato” que mantiñan cos gobernos, comezaron a actuar por conta propia e remataron por ser un serio problema para os estados (tamén para aqueles que antes os amparaban) . Era o século XVIII, a idade de ouro da piratería. A época das irmandades piratas, os refuxios nas costas do Caribe e todos eses elementos pintorescos que constitúen o escenario de tanta e tanta literatura sobre o tema que case podería constituír un xénero.
A literatura foi a mais benevolente ou alomenos ambivalente coa figura do pirata: Aínda sen despóxalos de toda a violencia e crueldade que os define, os piratas literarios representan sempre a idea de vida libre, sen ataduras. Dinámicos, activos, apaixonados,sen moral (as veces) pero tamén sen convencións, obrando por riba da norma (sempre, claro: son piratas) pero non sempre por riba da xustiza.
Poetas como Byron ou Espronceda os converteron en figura emblemática do Movemento Romántico. Logo moitos novelistas debuxaron o seu personaxe con cualidades de cabaleiro xusticeiro ou de simpático truán, segundo as esixencias da historia. Do noso Silver falaremos mais adiante, cando teñamos avanzado algún capítulo mais. Agora vos propoño que me faledes dos vosos piratas favoritos: Cales coñecedes por aí que me poidades recomendar. Qué teñen que os fai tan absolutamente irresistibles. Recollerei tódalas suxerencias que me deixedes nos comentarios e despois prometo facer un post sobre cada un deles (si me axudades, mellor).

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Na miña modesta opinión, o pirata é un personaxe máis do cine que da literatura. Dille a un neno que che dibuxe un e ha de ser parecido a John Silver, aínda que non lera A illa do Tesouro.
Da literatura recordo varios. Un relato breve, pero realista e aterrador da vida do pirata está en O Señor de Ballantrae, de Dafoe. Saqueos, violacións, degollinas... e ron para embrutecerse e aturarse a un mesmo. Qué máis recordo? O irmán da costa, de Conrad, un relato idealizado, ó meu modo de ver, e cunhas críticas noxentas e partidistas en contra dos xacobinos!
Dentro do mundo da imaxe, hai un pirata divertidísimo: quén non recorda ó Temible Sven, sempre á caza de Vickie e os homes de Alvar de Flac? Pero en definitiva, unha caricatura debe de ser o mellor modo de achegarse a semellantes personaxes. Así que me vou quedar con unha, moi ó meu pesar: O pirata que interpreta o irreemplazable Walter Mathau en Piratas, de Roman Polanski. Esa peli hai que vela! Walter Mathau é ós piratas o que Long John Silver ós Lores do Almirantazgo da Súa Graciosa Maxestade a Reina da Gran Bretaña.

Gracias pola entrada, Patricia.
Ramiro.

Patricia dijo...

De nada, Ramiro. Gracias polo teu comentario.O señor de Balantrae será a miña próxima entrada: Interesante personaxe (según creo, porque non lin a novela)
Pero quén foi primeiro, o pirata literario ou o de cine? Eu, sen dubidalo afirmo que o literario, por mais que o xeito de achegrse á literatura das masas analfabetas fose ao longo de moito tempo o cine. Calquer arquetipo de pirata foi minuciosamente descrito anteriormente nun libro. Ou é unha mistura de todos eles xuntos. Páxina 53 da edición Alianza de "La isla del tesoro":Aí tes, Ramiro" a descripción do pirata que imaxina calquera neno.
Eu a verdade é que teño aos meus propios amores piratas e non son de cine. O primeirísimo é de comic, e éste, verdadeiramente, sin antecedente algún na literatura e sin igual no mundo enteiro: O bellísimo, profundo e enigmático Corto Maltés de Hugo Pratt. Este é un inesquecible amor de xuventude. Pero teño outro de infancia, un personaxe mais de folletín que de novela, logo versionado en serie de telvisión (os actuales folletíns. Benditas sexan as series): O Sandokán de Emilio Salgari. Foi, nin mais nin menos que o que popularizou o parang malayo, esa espada curvada que non falta en ningún disfraz de pirata antroideiro. Solo por iso merece unha mención especial. Pero, por suposto,non é o Corto.
Un saúdo

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

A min desde logo o pirata que máis me impactou foi o xa mítico Jack Sparrow, polo seu carácter e mañas (e por que me encanta Jonnhy Deep, para que mintir)
Pero son fan doutros pseudo-piratas como o protagonista dunha das miñas novelas favoritas, "Piratas" de Alberto Vázquez-Figueroa, e tamén gardo un grato recordo do primeiro libro de piratas que lin, "O anel do príncipe" de Bjarne Reuter, que ocupa un lugar privilexiado na miña estantería. Recoméndovos que os leades. A mín gustáronme máis que A illa do tesouro, pero para gustos...cores

Sabela

Anónimo dijo...

eu teño que dicir que me encanta o persoaxe de Long John Silver, máis que nada pola súa astucia, e polo seu carácter. pero tamén teño que dicir que para a miña opinión, esa é a clase de persoas que é preferible mantelas lonxe, porque senón, as consecuencias serían terribles.

SARA

Anónimo dijo...

Pois a mín non me gusta nada o persoaxe de Long John, pois considéroo unha persoa ruin que só actua no seu propio beneficio. Eu tamén o querría lonxe.

Sabela

alejandro dijo...

me encanto el libro ya lo acabe