jueves, 27 de enero de 2011

Historia de dúas cidades, de Dickens





















Con grande ilusión comezamos esta semana a ler a un autor de novelas chamado Charles Dickens, autor, escritor ou como queirades chamarlle; pero, vamos, un tipo que escribía cousas que, de verdade, da gusto ler. E para abrir boca e centrármonos na época en que está ambientada a novela, podedes ver esta presentación sobre a Revolución francesa, que non tivo máis defecto que ese, precisamente, o de ser francesa. Ah, ça ira, ça ira, ça ira...

2 comentarios:

Mónica Campo dijo...

Ola a todos os meus antigos, pero non olvidados, compañeiros e alumnos de Ortigueira. Estou encantanda con que leades a Dickens, encántame, eu tamén irei relendo a novela e así desde a distancia podo participar.

Saúdos

Susana Vila dijo...

Magnífica entrada, compartimos na páxina de Nuestros Recursos Educativos; que no grupo de Aula.Experiencias Docentes, xa o levou a compañeira Alex Lago. Unha aperta