martes, 31 de marzo de 2009

Whitby


Aquí tedes unha imaxe de Whitby de hai tempo, máis ou menos có aspecto que tería na época en que transcorre Drácula. Na parte alta, á dereita, está a abadía, e xusto á esquerda a igrexa parroquial e o cemiterio que se describen no diario de Mina, ó comezo do capítulo VI.
"Xusto enriba da cidade están as ruinas da abadía de Whitby, que foi saqueada polos daneses, escenario dunha parte de Marmion, cando emparedan á moza. Son unhas ruinas nobles, cheas de detalles fermosos e románticos; hai unha lenda que di que nunha das fiestras aparécese unha dama de branco. Entre a abadía e a cidade hai outra igrexa, a parroquial, rodeada por un cemiterio cheo de tumbas".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vai parecer morboso, pero gústanme os cemiterios, nomeadamente os ingleses; son tal como foran fai séculos, inspiran a paz do que permanece no tempo. Mágoa dos que hai por aqui, que sufren do mesmo feísmo que o resto da paisaxe urbana. E mira que ten posibilidades o de Ortigueira, pola súa ubicación privilexiada, que permitiría a contemplación de gloriosas postas de sol dende unha solitaria tumba...Por certo, tan morbosas alomenos coma min, as nosas protagonistas, que van a diario a solazarse ao cemiterio.Así lles pasa o que lles pasa.