martes, 10 de marzo de 2009
Drácula, de Bram Stoker, publicada en Gran Bretaña en 1893, é unha novela de terror, herdeira daquelas novelas "góticas" de finais do século XVIII e principios do XIX que, en consonancia có Romanticismo e en oposición á estética da Ilustración, poñían a énfase nos elementos irracionais da natureza humana.
Para comprender cabalmente a novela, debemos ter en conta que transcurre en Londres, a finais do século XIX, é dicir, na capital da nación máis civilizada do planeta, nun país que podía presumir de estar á cabeza do avance científico e técnico, do liberalismo político e económico, en resumen, de tódolos saberes, experiencias e doutrinas que, en apenas douscentos anos, revolucionaran á Humanidade, abríndolle un horizonte de aparente progreso e benestar sen límites.
É neste contexto, tan civilizado e ilustrado, onde irrumpe bruscamente o Conde Drácula, arrastrando consigo tódalas forzas do mal e das tebras, tódolos terrores e supersticións que a ciencia e os avances técnicos debían ter enterrado para sempre.
Si, todo isto sucederá no corazón de Inglaterra, na mesma Europa avanzada que, poucos decenios despóis, coñeceu o terror da guerra de trincheiras, os bombardeos masivos sobre a población civil ou os campos de exterminio. Como di o propio Harker no seu diario, referíndose á patria de Drácula: "esta terra maldita, onde o Demo e os seus fillos aínda camiñan con pes terrenais"...
Claro que a novela de Stoker é moito, moito máis... Así que, benvidos, entrade nela voluntariamente e disfrutádea.
Etiquetas:
Drácula
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
http://www.josephhaworth.com/images/Other%20Actors/Henry%20Irving/Henry%20Irving-Photo-B&W-Resized.jpg
Olá a todos: Esta foto que vos mando é dun tal Henry Irving, amigo vampírico de Bram Stoker e que, segundo algúns, foi "muso" do escritor e inspirou o seu inmortal persoeiro(o tipo é tal cual me gusta a min imaxinar ao conde). Sabedes o que é un amigo vampírico, non si?: O típico "amigo" que fai xirar o mundo ao seu arredor. O de primeiro son eu, despois son eu e despois tamén eu.So eles teñen problemas, penas e éxitos que celebrar. E os demais estamos no mundo para alimentar o seu ego. En definitiva, unha peste moi pegañenta da que é terriblemente difícil liberarse. Deses vampiros coñezo eu arreo. Librádevos deles!
Patricia
Non entrou o enlace, a ver si agora....
http://www.josephhaworth.com/images/Other%20Actors/Henry%20Irving/Henry%20Irving-Photo-B&W-Resized.jpg
Patricia
Ai, tamén eu coñecín algún vampiro deses, que están contigo polo interés e que che sacan, senón o sangue, si a enerxía. Grazas polos comentarios.
Dracula un nome que inspira medo e horror, para saber mais sobre a verdadeira historia do conde mais famoso da historia copiar e pegar na barra de navegación este enlance: http://video.google.com/videoplay?docid=5557124845425003364
Publicar un comentario