viernes, 5 de noviembre de 2010

I am a legend



Aquí os dejo un enlace a una escena de El último hombre vivo, versión setentera de la novela de Matheson.

viernes, 24 de septiembre de 2010

O 1 DE OUTUBRO VOLVEMOS ÁS ANDADAS














Psst! Desperta!... O venres 1 de Outubro, no departamento de Latín, primeira reunión do Club. Vés, ouh?...

viernes, 10 de septiembre de 2010

SEMOS LA PESTE

















¿Cántas veces non comemos gominolas no Club de Lectura? Pois parece que se acabou este pernicioso consumo, porque o Ministerio de Sanidade vai prohibir a venta de golosinas e bollería industrial nas escolas. ¿Penalizarán só a venta ou tamén o consumo?XDDD
En calquera caso, é certo que se toman demasiados productos pouco nutritivos e cun exceso de grasas... aínda que -supoño- son productos que pasan os controis alimentarios de Sanidade. ¿Por qué non os prohíben? Ben, en calquera caso, recordade que o mellor son as froitas e verduras... aínda que se trate de maínzo tranxénic que, como en España se pode cultivar, suponse que será sanísimo. ;)

domingo, 23 de mayo de 2010

CORAZÓN E OUTRAS VÍSCERAS














Ha, o amor! Ha, ríome! Pero a quén lla queren colar? Se tanto lle gustaba este, logo por qué casou có outro? E a criada esa, eh? Anda que non lle dá nada á lingua, e cun estraño! Pero... por qué non conta por qué a botaron de "Cumbres borrascosas"? Ai, claro, non lle interesa! E monta a película esta toda para despistar á audiencia. Igualiña que súa nai quenpazdescanse; e calooooooooooo... porque non me gusta falar mal de ninguén e menos dos mortos, pero todo o mundo sabe que non era nin moi boa nin moi limpa. Eu sonche Santa Clara. Ai, se a min me gustase darlle ao pico!...
Heathcliff, chama!!!

martes, 27 de abril de 2010

CUMBRES BORRASCOSAS
















E esta vai ser a derradeira novela deste ano: Cumbres borrascosas, nada menos. Aquí non andamos con tonterías: que si busca o tesouro, que se reolve ó enigma. Nada, nada: poesía sen anestesia e a pluma, cal bisturí, directa ó corazón palpitante. Na imaxe, a adaptación cinematográfica máis coñecida, con Lawrence Olivier facendo de Heathcliff e Merle Oberon como Catherine Earnshaw. E ós seus pés, por suposto, a queiruga.

jueves, 22 de abril de 2010

CUMBRES BORRASCOSAS DE CINE

                                                                                                                           


APARÉCETE, ACÓSAME,  ATORMÉNTAME, PERO NON ME DEIXES SÓ NESTA ESCURIDADE!...
Aquí tés un fragmento da película de William Wyler, a clásica.
E aquí podes ver un fragmento de "Abismos de pasión", a adaptación feita por Buñuel en Méjico có noso Jorge Mistral de protagonista.

martes, 30 de marzo de 2010

MERLÍN E FAMILIA

Estamos lendo "Merlín e Familia", de Cunqueiro. Qué queríades que puxera, unha imaxe céltico-prerrafaelita con Xenebra e Lanzarote mirándose os ollos nun bosque encantado? Oh, Jasús! E logo San Martiño de Mondoñedo, berce da nosa diócese, a do bispo Maeloc, non é máxica dabondo? Aquí todo é máxico, a pedra que asoma entre os toxos, a pedra traballada polos mestres canteiros da Idade Media, a néboa, as "figueiras viciosas"... A min gustábame o cheiro a madeira queimada e esterco que había antes nas aldeas, o aroma da baixamar nas ribeiras, o sabor a monte das nosas setas... Por algo somos a Fisterra e o destino dos peregrinos... A reserva espiritual de Occidente, vamos. Guíanos, Strela do Día!

jueves, 4 de febrero de 2010

PIRATAS, CORSARIOS, BUCANEIROS, FILIBUSTEIROS E OUTROS MALANDRÍNS MARINOS (OU FLUVIAIS)

Existen dende que se coñece a navegación, mais ou menos. Mariños que atacaban barcos e cidades costeiras. As actividades delictivas cometidas no mar ou dende o mar están recollidas na literatura mais antiga: O mesmísimo Ulises tiña tanto de pirata como de heroe. E, non nos levemos a engano, nunca estas actividades foron mal vistas por todo o mundo. Cantos estados non se beneficiaban directa o indirectamente delas e fixeron (e fan) a vista gorda ante os desaforamentos que perpetraban certos barcos nas súas costas ou fora delas.
No século XVII esta relación entre estados e piratas consolidouse de xeito “institucional”. Algúns gobernos empezaron a emitir as chamadas patentes de corso, autorizando expresamente aos barcos a atacar outros barcos e portos inimigos, eso si, compartindo o botín. Xurdiu así a figura do corsario: O pirata con licencia. Esta especie de guerrilla marítima (pero con botín) foi o xeito de facer a guerra de países como as Provincias de Holanda ou o reino de Gran Bretaña contra o dominio do maior dos imperios, o español.
Pero mais tarde, estes mesmos corsarios decidiron desligarse do “contrato” que mantiñan cos gobernos, comezaron a actuar por conta propia e remataron por ser un serio problema para os estados (tamén para aqueles que antes os amparaban) . Era o século XVIII, a idade de ouro da piratería. A época das irmandades piratas, os refuxios nas costas do Caribe e todos eses elementos pintorescos que constitúen o escenario de tanta e tanta literatura sobre o tema que case podería constituír un xénero.
A literatura foi a mais benevolente ou alomenos ambivalente coa figura do pirata: Aínda sen despóxalos de toda a violencia e crueldade que os define, os piratas literarios representan sempre a idea de vida libre, sen ataduras. Dinámicos, activos, apaixonados,sen moral (as veces) pero tamén sen convencións, obrando por riba da norma (sempre, claro: son piratas) pero non sempre por riba da xustiza.
Poetas como Byron ou Espronceda os converteron en figura emblemática do Movemento Romántico. Logo moitos novelistas debuxaron o seu personaxe con cualidades de cabaleiro xusticeiro ou de simpático truán, segundo as esixencias da historia. Do noso Silver falaremos mais adiante, cando teñamos avanzado algún capítulo mais. Agora vos propoño que me faledes dos vosos piratas favoritos: Cales coñecedes por aí que me poidades recomendar. Qué teñen que os fai tan absolutamente irresistibles. Recollerei tódalas suxerencias que me deixedes nos comentarios e despois prometo facer un post sobre cada un deles (si me axudades, mellor).

viernes, 29 de enero de 2010

EMBARCADE XA, MANGANTES!

Veña, abride xa os libros, tirade do cabrestante, izade a vosa pereza con tódalas vosas forzas! Despregade as páxinas! Largade o trapo! Imos en busca de aventuras, nunha goleta ben feitiña e mariñeira.
Entonade un son que vos axude no traballo! Vamos, piratas de Entroido!
Quince homes sobre o cofre do morto,
io-ho-ho!, e unha botella de ron!!!

jueves, 28 de enero de 2010

Morreu o conto


Si, acabamos de ler Frankenstein e para celebralo, qué mellor que ver a derradeira interpretación de Mr. Peter Cushing como Viktor Frankenstein, nunha película da mítica Hammer, dirixida polo mítico Terence Fisher? Eh?
Si, a nosa favorita, sen dúbida. Pódese escribir un libro falando dela. Ah!, e gracias a ela enterámonos de que un dos socios do noso selecto club xa ten clara a súa vocación: a ci-rur-xí-a. Muahahahahahahahaaaa!!!!
A rei morto, rei posto...

E agora, imos polo tesouro, por mil millóns de naufraxios!!!

martes, 5 de enero de 2010

FELIZ NOITE DE REIS



-Ides decir: vaia imaxe para a noite de Reis! Pois tedes razón... Pero a vida, ás veces, éche así... Ti aspiras a ser xogador da NBA e acabas como criado xorobado de Drácula (quero decir, como "empregado doméstico dun nictálope cun lombo que non me chega para tódalas que levo").
-Igorrrr!!! Volviches xogarrr có PowerPoint, verdade?
-No, mi amo! Power Point non, que son de Linux...
-Agrrrrrrr! Non che van trraer nada os Reis. Falando de min no teu Clube de Lectugga!... O prróximo que vai ser, irr á tele?
-Baltasar, Baltasaaaar! Estou moi arrepentiiiido...