jueves, 26 de marzo de 2009


Este é o retrato de Florence, a esposa de Bran Stoker, feito por Oscar Wilde, ó que se refería Patricia. Certamente, ten un aire doce e soñador, non exento de enerxía, que podería encaixar ben có carácter de Mina.
Qué día levo! Pola mañá cortei a cara toda: é o que ten afeitarse sen ver a túa imaxe reflexada no espello. De camiño ó traballo, rompe unha tubería de auga xunto á estrada. Media hora agardando a que o repararan. Como que non podo cruzar correntes de auga! E para rematar, chego á casa a mediodía e póñenme gambas "al ajillo". É para facerse cruces... o que poida, claro...

Postdata: Velaquí outro enlace sobre Drácula que nos enviou Patricia.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaia...imaxino que te cortarías por NON ver a tua imaxe refrexada no espello. O sospeitaba: Sempre me pareceu que este home durmía moi mal. Pois que ande con ollo, que algunhas andamos cunha afiada estaca no bolso. E vos tomade nota, cluberos do cofre, podemos ter un deles entre nós: Que non vos falte un espello no peto.
Patricia

Anónimo dijo...

Para remate, estou cun ataque de ciática.
Mira que mo dixo o médico: "Non baixes reptando pola fachada do teu edificio cabeza abaixo, que son case catrocentos anos e hai que coidarse..." Entre iso, e andar por aí de noite, sen abrigarme...

Ramiro