lunes, 16 de marzo de 2009

Henry Irving


Este é Henry irving, o actor inglés, amigo de Bram Stoker, a quen se refería Patricia no seu comentario. Pensouse, en efecto, que Bram Stoker puido tomalo como modelo para o seu retrato de Drácula.
Comentade, comentade sen medo. Falade do que vos parece o libro, o que vos gusta, o que non, se é agradable de ler, se vos custa facelo... O que queirades.
Polo que a min respecta, estouno disfrutando máis que as veces anteriores que o lin. Lástima que non haxa tronos nin relámpagos, ou que silbe o vento e empuxe os vidros da ventana, como se un morcego pasase rozándoa coas ás... Así da gusto ler, sentado en cama pola noite, cós pés quentiños e a imaxinación trotando polos montes Cárpatos, en medio da neve e dos lobos... Brrr...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Fáltanlle as orellas picudas, as uñas longas e os beizos vermellos do conde, pero ben podería estar ocultando uns dentes afiados...Aínda que tamén é atractivo e ten un porte aristocrático, hai que recoñecelo.Pero ben se ve que está encantado de haberse coñecido. Polo visto era un narcisista de tomo e lomo, pero tiña tan fascinado a Bram Stoker (que posuía un talento mil veces maior)que acabou sendo prácticamente o seu servidor. O actor era tan vil, que cando Stoker lle deu a coñecer a sua obra de toda a vida (ese libro marabillosos que estamos a ler), Irving no fixo mais que mofarse e escarnecelo. É posible ser mais vampiro?
Patricia

Anónimo dijo...

Olá de novo! A ver si podedes abrir esta imaxe http://www.stoker-dracula.org/images/Florence%20-%20Wilde.jpg.
É o retrato de Florence Stoker,a muller do noso Bram Stoker, feito por sabedes quén? Nin mais nin menos que Oscar Wilde (outro radiante astro da literatura, contemporaneo de Stoker e un gran admirador de Drácula)de quen ademais Florence foi moza un tempo. Curioso, non si? Ese rostro anxelical, non podería ser perfectamente o da pobre Lucy?
Patricia

Anónimo dijo...

Definitivamente, este blog non permite facer enlaces dende os comentarios, así que si queredes vera imaxe, seleccionade a dirección, copiádea e pegádea na barra de enderezos. Un saudo
Patricia