jueves, 5 de noviembre de 2009

FRANKENSTEIN

Finalmente, foi Frankenstein o elexido polos alumnos para empezar as actividades do Club de Lectura. Preparádevos, amiguiños: quédanvos tres meses de angurias e pesadelos.
Gañaredes as gominolas a costa da vosa tranquilidade, baixaredes ás criptas có doutor, pasaredes as noites en vela, mouras serán as bolsas dos vosos ollos, ata pode que vos saian canas de medo e sabedoría. Ai, a sabedoría! Qué pouco orixinal, caer no pecado orixinal!
En fin, aquí vos deixo unha foto de Boris Karloff, quen interpretou á "criatura" na película "Frankenstein", dirixida por James Whale en 1931 para os estudos de cine Universal.
Ah, e non esquezades levar unha pala á próxima reunión! Hai que empezar a traballar...

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Ten algo que ver con Prometeo?
David.

Biblioteca dijo...

Xusto nos comentarios do último post tés a resposta. Deuna Miguel Feás.
Por moito que digan, os mitos están ahí e seguen tendo un valor inmenso. Que lle pregunten a Freud... E os románticos, que se declaraban "anticlásicos", eran grandes lectores de poesía clásica. Percy Shelley, o marido de Mary, sen ir máis lonxe, lía de todo en grego antigo; de noviño, porque morreu con trinta e poucos e sendo xa un dos mellores poetas en lingua inglesa de tódolos tempos. Xa falaremos del.

Anónimo dijo...

¡Bah! Tampoco es un tema tan original. Donde se ponga Goethe con su Fausto...

Señor de gusto exquisito

Biblioteca dijo...

Oiga, señor de gusto exquisito: si no le vale Frankenstein, váyase a leer a solas con el tal Fausto: ¿qué es, su perro?
¡Pues a mí el Fari me emociona más que Wagner, so pedante!

Anónimo dijo...

Para min este libro está moi ben so que e un pouco curto.
Nas primeiras cen páxinas so sae a criatura unhas duas veces pero aínda así a trama está interesante.

Anónimo dijo...

Agradecemento a Miguel Feás. Máis aínda cando leo ese "¡Bah!..." tan ben respostado pola "Biblioteca".
Daba algo para que Cela poidese retratar a quen escribiu o "¡Bah!..." que descubre a aquel personaxe que compuxo este poema:
"la primavera es bonita
bonita era la primavera
el campo y la margarita
querían unas suegras".
Tome boa nota do ser creado polo doctor Frankenstein.
David.

Anónimo dijo...

Gustariame propoñer aos que levan este blog que colgasen o video da primeira película de Frankenstein rodada en 1910.É unha adaptación da obra de Mary Shelley, producida por Edison Studios e dirixida por J. Searle Dawley.So dura uns dez minutos.