miércoles, 25 de noviembre de 2009

IMPORTANTE: LEDE ISTO XA

Ola. Aquí podedes ver ou descargar unha presentación titulada "Monstros". Gustaríame que a vísedes (ou visionásedes, que din algúns e algunhas) e despóis (só despóis) participedes na enquisa que aparece á dereita da páxina.
Nota: a presentación, lóxicamente, está feita en OpenOffice, pero déixovola no formato ppt, porque sei que a maioría seguides empregando o Sistema Inoperante do Lado Escuro. En fin, xa veredes algún día a luz de Linux.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

non estamos moi de acordo con algunhas "persoas normais". Porque kiko non é moi normal que digamos...e elmo é moi riquiño para ser un monstro

Sara e Sabela

Biblioteca dijo...

"Monstruum" é latín: significa algo chamativo, algo que causa estupefacción ou terror. "Normalidade" ven de norma: é "normal" o que estatísticamente é maioritario: ben, perdoen os matemáticos se confundo media, moda e mediana. Non recordo ben eses conceptos.
En grego ó home chámaselle (Sófocles) "deinos", que ten dúas acepcións: "admirable" ou "terrible"; como as moedas, sempre dúas caras.
Haai un interesante artigo (coma todos) de Larra titulado "Todo el año es Carnval", onde expresa, creo recordar, a súa estupefacción polo costume de poñer careta en Entroido: máis ben, o que fai a xente en Entroido é quitar a careta. De feito, a palabra "persona" en latín significa "persoaxe" ou "careta". Por iso, nas obras de teatro di ó principio "Dramatis personae", "Personaxes da Obra".
Seguide comentando. Dades no cravo sempre. Parecedes Beceiro có seu martelo. Saúdos, Beceiro, "compañeiro da madeira".

Anónimo dijo...

En castelán e galego "monstruo" emprégase tamén en dobre sentido: Zidane é un "monstro", ou sexa, un xenio. Úsano moito, neste senso, as folklóricas: "ejunmoztro"

Ramiro

Anónimo dijo...

Teño que declarar que, sin a menor vacilación (nin bacilación)votei xa antes de ver a presentación: Son un monstruiño de toda a vida, a Dios Gracias por ter de compañeiros de monstrosidade a Coco, Elmo e Eduardo Manostijeras (ben guapos todos eles, según o meu punto de vista), e non a Cruise, Beckam, Victorita, etc (sarta de arrepiantes). Si señor,son unha rariña de cuidado: Ata estou nun club de lectura, pero non llelo digades a ninguén. E por riba, qué lecturas me gustan? Os románticos: Os buscadortes do insólito, do extravagante e do extraordinario que hai no mundo. Espero que Sara e Sabela non se sentan aludidas por esta declaración: Que teñamos estas afinidades non as fai necesariamente monstrosas coma min. A ver si aquí ser un monstro vai a ser "o normal".
Patricia

Biblioteca dijo...

Sara e Sabela: hai unha figura retórica chamada "ironía", que consiste en dar a entender o contrario do que se di. De todos modos, sería lóxico que Elmo se sentise ofendido por estar ahí.

Anónimo dijo...

Eu tamén me vexo un pouquiño monstrua, mais as gracias non llas dou a Dios, só faltaría que se levase outro os méritos desta monstruosidade que tantos esforzos cóstame acadar e manter.

Anónimo dijo...

Seguro que estás guapísima. Antes estabas moi fraquiña. Ánimo, que xa falta pouco e merece a " pena". Ga, ga, ga... "que diría un vello enemigo".

Loius Antoine

Anónimo dijo...

Ga,ga,ga, que tempos... A verdade é que non me refería ó meu "estado" actual, senón ó xeral destes últimos 35 anos. Pero xa que o dis, ollar o filo dun pé desplazándose dentro da barriga ten tamén o seu de monstruosidade, pero das boas, claro.

Anónimo dijo...

Amigos, aquí tedes un que quere ser monstro ou que xa o é. De ser xa monstro aínda quero selo máis.Non o teño claro, non lle pregunto ao espello e este tampouco me di nada.
Saúdos.
David.

Anónimo dijo...

Estoy de acuerdo con Sara y Sabela, hay monstruos y monstruos, algunos tienen su encanto pero otros son bastante repulsivos, aunque no sé a quién os referís cuando habláis de Kiko.
Mónica

Anónimo dijo...

Pues Kiko es uno de los "comentaristas con fuentes" de los programas del corazón tan interesantes que echan por las tardes...

Sara y Sabela

Anónimo dijo...

isto non pode ser... eses rapaces do club de lectura sacáronme todo o protagonismo que tiña... (bueno, máis ben, que eles me deron o ano pasado...) pero, en fin, supoño que algún día me terían que substituir por outro...
"enhoraboa, querido Frankenstein"

DRÁCULA

Anónimo dijo...

hola... me pasaba por aquí para ver como está el ambiente en el club de lectura este año...
esto no es nada sin mí... ja ja ja ja ja...
DRÁCULA

Anónimo dijo...

hoy nos dijeron que la definición de kiko era buena, o sea que esperamos (y esto va por Mónica y por todos/as que no sabían quien es) que quedárais contentos/as con la definición, ya que creemos que es la más precisa.
Sara y Sabela

Anónimo dijo...

hoy vimos ne la biblioteca tres libros nuevos, los tres nos llamaron la atención, (bueno, más bien El diario de Ana Frank a mí y a Sabela el de Las sirenas del alma), y mira, que casualidad que justamente aparezcan ahora en esta página... es que en el club de lectura se piensa en todo...

Sara y Sabela

Biblioteca dijo...

En todo, todo, non ...
A entrada das novedades literarias está no blog da biblioteca, que lle cadra máis.
Grazas por participar. A definición de "Kiko" é do mellrociño: comentarista con fontes... entre comiñas.

Drácula: Who are you? Where you come from? Por qué traes estes ritos a Grecia? Acaso es M...? Ou quén es?

Anónimo dijo...

¿como que quién soy? pues soy Drácula, claro. ¿quién os esperábais que fuese? ¿George Clooney? no señor, soy drácula, el vampiro de los vampiros. ¿pensábais que no iba a volver? ¡pues claro que vuelvo! Drácula siempre vuelve... ja ja ja...
Drácula