viernes, 27 de noviembre de 2009

FREAKS

En España titulouse "La parada de los monstruos". Foi dirixida en 1932 por Tod Browning (no centro da foto, con bigote), o mesmo que dirixiu a Bela Lugosi en "Drácula".
Queredes saber de qué trata? Dun circo ambulante onde un grupo de seres humanos expoñen as súas taras físicas e mentais como espectáculo para os seres "normais". Ten escenas moi duras, é crudísima, pero tamén é reconfortante a humanidade dos "freaks", a súa camaradería e a axuda mutua que se prestan para facer fronte á crueldade e á estupidez humana. Por certo, os actores eran realmente "freaks", seres distintos e marabillosos. Contan que moitos actores da Metro-Goldwin-Mayer non soportaban a súa presencia na cafetería e nos corredores dos estudos. Eu teño case a convicción de que unha película así sería imposible de estrear hoxe en salas de cine comerciais. E pasou case un século.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Cambiaron tantas cousas que penso que esa película necesitaría unha introducción socio-histórica para ser comprendida hoxe. O palabro "freak" non estou seguro de que lles encaixe nun mundo en que basta usar outra roupa que a de Inditex ou levala de tres ou catro temporadas anteriores para ser "freak", mentres que cada un dos termos que existían para referire a calquera dos desa foto está proscrito por políticamente incorrecto. Hoxe é todo tan difuso e asquerosamente relativizante...
Por certo que para monstros, o grandísimo Groucho do que puxo Ramiro a foto á dereita. Maestro do doble sentido, qué digo, do sinsentido: "Señora, estes son os meus pricipios. Si non lle gustan...teño outros".
Patricia

Anónimo dijo...

Eu sei outra de Groucho:
"Ese tipo parece un idiota e compórtase coma un idiota. Pero non se deixen enganar. En realidade, é un idiota".

Ramiro

Anónimo dijo...

Eu sei outra frase de Groucho:

"Ese tipo parece idiota e compórtase coma un idiota. Pero non se deixen enganar: en realidade, é un idiota".

Ramiro