domingo, 8 de noviembre de 2009

Actividades

Aquí tedes unha imaxe do Rockefeller Center de New York. Ten relación có título da nosa novela. Trátase de averiguar por qué Mary Shelley subtitulou a súa novela como o fixo e a quen representa a escultura que aparece nesta imaxe. Tamén se trata de saber por qué no Rockefeller Center colocaron esta escultura e non outra. Podedes respostar no apartado de comentarios. Firmade có voso nome de pila. A ver quen o fai antes! Hai premio...

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Prometeo era segun a mitoloxia grega un titán amigo dos homes,honrado sobre todo por roubar o lume aos deuses e darllo aos seres humanos para o seu uso.A estatua de Prometeo en Rockefeller Center esta alí poque o seu fundador Jonh D. Rockefeller creouna para fomentar o benestar humano igual que fixo Prometeo.
DE:
MIGUEL FEÁS PÉREZ

Anónimo dijo...

MIGUEL (O ANTERIOR)
Olvideime de dicir que se chama o moderno prometeo porque o doutor Frankenstein queria desafiar a natureza dando vida a un corpo que non tiña igual que desafiou Prometeo aos deuses roubandolles o lume.

Anónimo dijo...

Si é así eu penso que a Rokefeller o de tentar compararse a Pometeo xa lle vale. Non era soberbio o tío nin nada. E por riba vese que lle gustaba fardar de poderío económico: Será por iso que mandou facer unha escultura tan dourada (ben fea, por certo)
PATRICIA

Biblioteca dijo...

¡Bingo! Miguel ten premio.
Patricia, coma sempre, tamén acerta. Para facerse unha idea de quén foi Rockefeller basta con buscar a súa foto: mete medo. Fixo unha fortuna astronómica na América do Salvaxe Oeste, así chamado polo salvaxismo das empresas e empresarios que entraron alí a saco. Iso si, chegada a vellez, adicouse a facer obras piadosas: hospitais, xardincillos para os nenos... O señor Burns dos Simpson, o Tío Gilito, Cidadán Kane... O que chaman en Norteamérica un plutócrata, vamos.
De todos xeitos, a cousa é máis complexa do que parece: o lume representa a sabiduría, pero queima. Saber é moi duro, ás veces, porque o se aprende non é sempre o que un quere e conleva responsabilidades inmensas. A última grande mostra, cálida e luminosa, da "chispa prometeica" vímola en Hisoshima e Nagasaki.
Na tradición xudeocristiana, o afán de saber e o saber mesmo conlevan a expulsión do paraíso (léase infancia, ou inocencia). O mesmo Inimigo, o Ánxel Caído, cometeu o peor dos pecados: a soberbia; saber é poder; e o poder conleva soberbia. De feito, Lucifer en latín significa "o portador de luz".

Anónimo dijo...

Grazas polo comentario sobre a estatua, Patricia. Eu xa a coñecía desde hai polo menos vinte anos. Creo que aínda conservo a postal que me mandara un amigo desde Nova York con esa imaxe. Sen embargo, nunca pensei no fea que é e en todo o que representa. Recórdame, certamente, ás gafas douradas, tan do gusto de certos vellos "elegantes"...

Ramiro

Anónimo dijo...

Cal é o premio????

Biblioteca dijo...

De entrada, o libro é teu. Ademáis, poderás conservar a túa vida e non acabarás dentro dun bocata da cafetería.
De todos modos, meu xoven padawane, o maior premio é facer as cousas e, por riba, facelas ben. Sentiraste mellor, sobre todo se non caes no pecado da soberbia. Noraboa e que a Forza te acompañe!

Anónimo dijo...

Creo que debedes mandar ler 5 capítulos polo menos.Eu xa me estou acabando o libro.