martes, 17 de noviembre de 2009
Carta aberta a Robert Walton
Estimado Sr. Walton: lamento informalo de que as súas fantasías e esperanzas sobre o Polo Norte son infundadas. O casquete polar é un inmenso bloque de xeo no que fai un frío que pela e, por riba, non hai cobertura para a Televisión Dixital, aínda que, de ser certas as modernas teorías sobre o cambio climático, pronto podería ser unha extensión de mar. En todo caso, coidado con ese entusiasmo e ese afán de saber. Non parece sano. Querer saber está ben, pero hai outras cousas que merecen a pena: a literatura, as castañas, a cervexa negra, os amigos, unha muller boa... A min o Polo, a día de hoxe, cáusame extrañeza e desconfianza: é un lugar solitario, moi lonxano, desértico, atractivo, si, para un físico ou un matématico, pero- cómo diría?- ... frío, carente de vida e calor humano. Non sei, non me augura nada bon. Non se plantexou vostede descubrir as fontes do Nilo ou explorar a África Negra? Por qué o Polo, precisamente?
Etiquetas:
frankenstein,
shelley
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
18 comentarios:
Ten razón vostede, Mr Biblioteca. O Polo, a día de hoxe, non vale un can, pero non por solitario, xustamente, senón polo contrario: Creo que é un dos sitios mais populosos que se poidan atopar xunto coa Antártida: Compañías petroleiras, antropólogos , biólogos, climatólogos e todo tipo de expediciones coentíficas e deportivas, cazadores de focas, fotógrafos, etc. E polo visto, de basta chaira de inmenso blancor non ten nadiña. A neve está do mais enmerdado (coa venia)polos vehículos que transitan a toda hora. En fin, que ata os osos poden ter agorafobia. Non, xa non é o que era na época de Walton: malos tempos corren para os románticos....
Patricia
Parece que o Sr. Monstruo (non ten culpa,he, foi creado por un home)segue o seu periplo. Entón xa vai camiñando polo xeo do ártico?
Pregúntome porque escollería o Polo Norte para ir rematando "a faena". Ben puido escoller San Andrés de Teixido.
David.
Patricia, ó meu ver, vaise pola tanxente do Polo
Pois o mesmo motivo podía ter pola tantaxente de San Andrés de Teixido.
Esperaba que algún razpaz da miña idade me aclarase a "dúbida", xenio.
David.
Eu non me refería á viaxe de Frankenstein e da súa criatura, senón á expedición do Sr. Walton no Polo.
Preguntábame por qué precisamente escollera o Polo para dar cumprimento a esa esaxerada ansia de saber ( e conquistar metas) que o equipara con Frankenstein. E pregúntome se o Polo está escollido por casualidade, se hai algunha razón argumental (que, en todo caso, non debería desvelarse aínda), ou se existe ademáis unha razón de orde estética para situar ahí o comezo da novela: ahí, nun lugar tan afastado do resto dos homes (naquela época), tan frío e tan desolado. Terá que ver có estado espiritual do doctor? Pretenderá Mary poñer ó lector en situación?
Por último, David, penso que te trabucaches coas comillas: non quererías poñelas na palabra "xenio"?
Unha aperta
Non,non me trabuquei,as comiñas están onde teñen que estar.O que non está onde corresponde, e ese é o erro, é a pregunta e a leria correspondente.
Eu andaba a voltas con bicho de Frankestein.
---
Home, sobre os polos resulta curioso cal é o motivo que tiñan os exploradores ou cada un en particular,non só Robert Walton. En principio todos tiñan "posibilidades" (as comiñas están no seu lugar). Supoño que a aventura sería un dos motivos que rondaban polas cabezas destes señores.
Polo Sur, ían ben preparados. De feitohoxe un equipo de arquéologos está preparando unha xpedición "científica" para recuperar dúas botellas de whiski (non lembro a marca, pero creo que producida pola Casa Maccay) Só dúas botellas de whiski,de todas as que hai en caixas e que están baixo o xeodebaixo da tenda,poden ser recuperadas. O whiski ten cen anos de antigüidade.
Pois ben, a esta expedición "científica" só se lle permite "recuperar" dúas botellas. E póñolle comiñas a recupear porque despois de estudadas teñen que voltar ao seu lugar: ao Polo Sur.
Nada, que os motivos poden ser moi pintorescos. Antes,o afán de saber, de avtura, de descubrir mundos e lugares novos.
Dende logo, a in chámame máis a atención dos montgañeiros. ¿Que van facer ao pico do Everest? ¿Que van facer ao Himalaia? Veña subir e subir. Se non fora porque non se cobra, case parecen políticos.
Teño que presentarlle as miñas máis sinceiras desculpas ao Profesor encargado deste magnífico blog de Literatura e á Biblioteca do IES de Ortigueira.
Ten toda a razón do mundo. Ademáis fai un exquisito plantexamento aberto sobre o significado do saber.Provoca unha reflexión sutil mediante a carta a Robert Walton, cousa que eu non lin coa atención que merecía.
Con toda a miña humildade e consideración presento as miñas desculpas por intervir cun despropósito e con formas inaceptables. De paso transmítolle as miñas felicitacións polo seu labor, Maestro (con maiúscula e sen comiñas).
David G.Miranda.
Agradécense as desculpas, pero non eran necesarias. Non faltou vostede en nada. Éste é un foro aberto para opinar sobre o Club de Lectura e a novela que escollemos. Cantos máis comentarios e ideas, mellor. Quede tranquilo, que se traspasase algún límite, e tendo en conta que se trata dun blog de carácter "escolar" xa teríamos eliminado o comentario. Pero non foi así, en absoluto. Grazas a vostede.
Se ve que Mr Biblioteca ten a súa propia teoría sobre o asunto do Polo. Pola miña parte (tanxencial,dime Mr Biblioteca,pero non sei por qué)creo as cousas cambian co tempo pero non moito: Os actuais expedicionarios do Polo son buscadores de fortuna ou de gloria (como o noso Walton). Ou turistas: Condición que ostentan agora os viaxeiros románticos en busca de exotismo. Lles guste ou non. Pero creo que a pregunta non era por qué Walton elixiu o Polo, senón por qué o elixiu Mary Shelley. A verdade é que no seu tempo os Polos eran certamente terras ignotas. As primeiras expedicións inglesas para exploralas son bastante posteriores. Ao mellor ela mema inspirou algunha. Din que era unha precursora esta muller
Patricia
"Pero creo que a pregunta non era por qué Walton elixiu o Polo, senón por qué o elixiu Mary Shelley. A verdade é que no seu tempo os Polos eran certamente terras ignotas. As primeiras expedicións inglesas para exploralas son bastante posteriores".
A miña "pregunta" ía dirixida formalmente a Robert Walton, aínda que partimos de que é unha personaxe e non "existe", có cal a pregunta ía dirixida a Mary Shelley, ou máis ben, era unha pregunta sobre Mary Shelley. Certamente, foi unha precursora, incluso en temas que non aceptarían aínda hoxe a maioría das feministas.
En todo caso, é certo que viviu na época "dos exploradores", ou en vésperas dela: das exploracións da era moderna, quero dicir, das derradeiras: un exemplo claro foi a busca das fontes do Nilo ou o periplo "mediático" de Stanley en Busca de Livingstone.
A miña teoría, que se pode ler entre liñas, é que a elección do Polo non é casual. Mary elixiuno por algún motivo, poida que argumental, pero eu creo, agora mesmo, que hai algo máis fondo. O Polo non é só remoto: é un polo, ou sexa, un extremo. Ademáis é frío, outra vez, extremadamente frío. A vida e o calor van xuntos. Frankenstein e Walton comparten unha paixón polo saber que os absorbe. Pero - contradicción nos termos? - é unha paixón mental, cerebral, intelectual. Semella unha obsesión. Non parece unha actitude sana, nin vital. Parece unha ambición, sen máis, á que se sacrifican os sentimentos (qué opina, por exemplo, a irmá de Walton, cando se despide dela "quizais por anos ou para sempre").
Os meus tiros, erráticos coma os dos monxes budistas, ían por aquí. Vostede enfocou o asunto do Polo desde un ponto de vista completamente distinto, pero, que, ó meu parecer, obviaba totalmente a discusión que eu quería plantexar. Por iso recurrín á expresión (claramente humorística), de chegar ó Polo (que é un punto) e irse pola tanxente. Sen outra intención.
Grazas.
Comparto, en parte, a opinión de ámbolos dous Profesores. Imaxinemos o Polo na mente de M.Shelley en 1815 aproximadamente. É un lugar frío,ignoto,inaccesible,inexplorado,inhóspito. Se os personaxes Robert Walton e o doctor Frankenstein que teñen clara afinidade,¿consiste esta en compartir o afan de saber? Non o creo. Penso que se trata máis ben de conseguir un fin mediante calquer medio. Na novela créase e quítase vida. ¿Non é o moderno Prometeo? Pero se rivaliza con Deus! M. Shelley era unha política radical e suscita un serio debate sobre a moral científica.
Por que fai que Robert Walton escolla o Polo Norte. Daquela era un punto esencial para a criatura: esta vaise co seu creador a un lugar solitario e inaccesible, a morrer no eterno xélido olvido. Non creo que se trate de saber, senon de poder.
Gracias.
David.
O PODER.
Robert Edwin Peary: en 1886 recorre o interior de Groenlandia e descubre a illa. 1998: reraliza traballos cartograficos e chega a menos de 650 km do Polo Norte. Rivaliza con Frederick Cook. O Congreso dos EUA adxudica o descubremento a Peary.
Ernerst H. Sackleton. En 1908 chega a 160 km do Polo Sur e reivindica para Gran Bretaña a meseta de Terra de Vitoria. Este home deixou 25 caixas de whiski de malta escoces debaixo da tenda,baixo os xeos da Antartida (a expedici´´on fracasara a tiveran que voltar co posto).Marca do whisky: McKinlay. (Duas caixas seran desentarradas por arqueologos de Nova Zelandia).Despois de ser "investigadas"voltaran ao seu sitio:o Polo Sur.¿Todo o whishy? Non o creo.
Robert Falcon Scott: teniente da Royal Navy, en 1909 competindo con Amudsen intenta chegar ao Polo Sur con axuda financieira britranica e dos gobernos dos dominios. Gaña Amudsen. Todos os homes da expedicion de Scott morren na viaxe de regreso.
Rusia: ano 2007. Artur Chilingarov,vicepresidente da camara de Diputados rusa,xefe do minisubamarino Mir-1 e o Diputado Vladimir Gruzdev xefe do Mir-2, "plantan" unha bandeira rusa de titanio a 4.621 m de prfundidade xusto baixo o Polo Norte. A Convencion de Dereito Maritimo da ONU de 1982 entrega ao Estado correspondente todos os seus dereitos sobre a sua plataforma continental. Nesa cordilleira submarina suponse que xa rusa controlaran 1/4 parte das reservas mundiais de petroleo,gas,ouro,diamantes,niquel e outros recursos naturais.
En 40 anos o desxeo fara moito mais doada a extraccion destes recursos naturais. Os cinetificos "saben" que unha gran zona do Polo Norte estara libre de xeo no veran.
Saber ou Poder?
(Perd´´on polos acentos,sa´´enme as´´i!! Prefer´´in non poñelos).
Gracias.
Unha aperta.
David.
Acertada intervención, aunque creo que abre un tema nuevo. Yo creo que saber es poder, aunque, indudablemente, hay gente que puede mucho y no sabe nada de nada. Pero eso es porque puede pagar a quien sabe.
Ahora bien, lo que me contaron en la escuela acerca de los hombres sabios de bata blanca que torturaban ratones hasta la madrugada y se quemaban las pestañas en el microscopio por el bien de la Humanidad, ya no me lo creo del todo. A partir del S. XIX, el liberalismo (y el marxismo, a lo bobo, como siempre) inventaron los "nuevos santos" del "mundo nuevo": los científicos. ¿Qué es el Premio Nobel sino una beatificación al estilo laico?
Por otra parte, ¿Cuánto dinero hace falta para poner un cohete en la luna o para diseñar un submarino nuclear? Evidentemente, el Poder está muy interesado en la Ciencia. Y los científicos, lógicamente, se dejan querer.
Éste tema, o más concretamente, el del poder que da la ciencia, el prestigio de una profesión, la posición social, etc. , lo ha tratado magistralmente, como siempre, la productora Hammer en su serie de Frankenstein, inmortalizado por el inmortal Peter Cushing.
Ramiro
Este blog is alcanzanding semellante level que, sinceriously, váiseme das hands...
M. W. Shelley
Estimados:
este blog non se lles vai de as manos. Todo lo contrario.Los profesores fomentan a Literatura e a reflexión para xente coma nosoutras e os nosos fillos, alumnos, por eso que lles temos un grande aprecio e agradecemento.
Oxalá todos os profes nos estimularan para aprender con gusto como vosoutros nos tedes alerta e poideramos chegar a aprender o que non nos enseñaron os mestres e os libros de texto.
Madre agradecida.
Seguide así, por favor.
Tristemente, yo creo que "saber" no es poder. El poder es infame. A la vista está.
El Saber es algo bien diferente. El Sabio ayuda y enseña.
El poder es una estupidez, especialmete en la más baja administración ocupada de forma general por ineptos. Ese poder está otorgado por la Norma, pero no por el Saber.
Quisiera saber yo lo que había en la mente de la escritora. Tal vez fuera un aviso para el Saber contraponiéndolo con el atrevimiento de quien ocupa un poder sin Saber.
Muxía.
O curso pasado, unha alumna do club de lectura comentoume que o seu pai tamén se puxera a ler Drácula de novo e que lía o blog. Eu díxenlle seriamente que me encantaría que seu pai viñese a algunha reunión do club, ó que ela se opuxo horrorizada: ben, xa sabemos cómo son os adolescentes, xente marabillosa, pero chea de prexuízos. Digo isto, querida "madre agradecida", para darlle eu as grazas e para que vexa que estamos á súa disposición, nós e o noso escaso saber. Que tampouco fai falla saber moito, ás veces. Basta con querer darlle uso ó que se sabe, compartir as nosas ideas, facernos conscientes do moito que ignoramos e meter un pouquiño máis de luz na bóveda do noso cráneo.
De novo, grazas.
Frankenstein no era tonto, ni mucho menos. Es un hombre brillante, pero desconoce sus límites y se pone por encima de su propia condición. El fuego de Prometeo trae a los hombres el calor, la luz y la tecnología: con él puede manipular la materia y, por ejemplo, contruír azadas metálicas. Pero, ¡ay!, con el acero también se pueden fabricar espadas al servicio de la ambición.
De todos modos, creo que la novela, al menos por la cita que aparece al principio (y por otras cosas) incide más en la naturaleza de la prueba criatura abandonada por su Creador y expulsada del Paraíso, y claro, condenada a saber. Porque saber, a veces, es muy duro, y ciertamente conlleva responsabilidades. Hoy sabemos mucho y tenemos un gran poder. ¿Pero a dónde va la especie? ¿Y la civilización?
Nota: voy a copiar este comentario mío en un post más reciente, donde creo que encaja mejor.
Saludos,
Ramiro
Publicar un comentario