Esta entrada do blog quere ser un pequeno recoñecemento a unha das nosas compañeiras, que non estivo connosco o curso pasado, pero que quere recuperar o tempo perdido e, ademáis de Frankenstein, tamén está lendo Drácula. Así se fai! Para ela e para o resto deixamos estas dúas fotos de Peter Cushing. Na da esquerda interpreta a Van Helsing (non, non é Seward, é Van Helsing, cousas do cine) e na da dereita interpreta a Víktor Frankenstein a punto de inocularlle á súa criatura a vacina contra a gripe A (é broma).
Por outra parte, algúns de vós dixéronme que non puideran facer comentarios desde os ordenadores do instituto. Non sei a qué se debe. A outra xente nunca lle deu problemas: é certo que cando se pulsa en "publicar comentario" volve aparecer a mesma ventá, pero solicitando un código que hai que copiar. Cópiase o código e vólvese pinchar en "publicar". Probade así. En último caso, se non tedes acceso a Internet ou o que sexa, pasádenos o texto que queredes subir ós comentarios e nós encargámonos de poñelo. Saúdos.
lunes, 23 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
E non olvidemos que foi tamén o mellor Sherlock Holmes de todos os tempos. Ou alguén imaxina outro?
Patricia
Si, pode haber outro. Ou outros.
David.
Publicar un comentario