miércoles, 18 de noviembre de 2009
O paraíso perdido
Estes son os versos de Milton (Paradise Lost) que
Mary Shelley puxo ó comezo da súa novela:
Oh, meu Creador! Acaso pedinche eu
que me arrancases da lama
e me levases das tebras á luz?
Etiquetas:
frankenstein,
poesía,
shelley
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
17 comentarios:
Frankenstein no era tonto, ni mucho menos. Es un hombre brillante, pero desconoce sus límites y se pone por encima de su propia condición. El fuego de Prometeo trae a los hombres el calor, la luz y la tecnología: con él puede manipular la materia y, por ejemplo, contruír azadas metálicas. Pero, ¡ay!, con el acero también se pueden fabricar espadas al servicio de la ambición.
De todos modos, creo que la novela, al menos por la cita que aparece al principio (y por otras cosas) incide más en la naturaleza de la prueba criatura abandonada por su Creador y expulsada del Paraíso, y claro, condenada a saber. Porque saber, a veces, es muy duro, y ciertamente conlleva responsabilidades. Hoy sabemos mucho y tenemos un gran poder. ¿Pero a dónde va la especie? ¿Y la civilización?
Nota: voy a copiar este comentario mío en un post más reciente, donde creo que encaja mejor.
Saludos,
Ramiro
A sede de saber do home non ten límites nin edade. Moi ben traída a ilustración do paraíso perdido: O home dende a súa orixe foi condenado a morrer pola úa fame de saber (e nunca tan ben dito o de fame, saciada neste caso por un froito, que non necesariamente unha mazá). Pero, realmente Frankenstein sufreu a súa penitencia pola súa inmoderada e insaciable ansia de saber? Non sería mais pola súa irresponsabilidade, por saír fuxindo dela,como estamos a ver nos capítulos desta semana? Estou de acordo con Ramiro: O que desperta as ansias de Frankenstein, o saber, é a condena da súa criatura, o que rexeita e o que non é capaz de perdoarlle ao seu creador. E con razón, dende o meu punto de vista: Ese é o verdadeiro crime de Frankentein. Si houbese lido a Platón... pero xa vedes, quedouse sólo na "filosofía natural", como eses que van por ciencias e cren ue solo hai que saber as formuliñas. No fondo o gran pecado sempre é ignorancia, non o saber
Patricia
Bravo! Bravísimo! Póñense a xogar cós átomos e logo os deixan por ahí fisionados, ou en man de calquera político.
Pero abres outra porta. A queixa que dirixe a Frankenstein asúda "criatura" (odio chamalo así, aínda que todos o somos, porque de haber un monstro, é Víktor) é a mesma que Milton expresou tan ben nos seus versos e que senten tódolos seres humanos que senten ou pensan: por qué estou aquí? quén me fixo vir e para qué? por qué me expulsaches do paraíso? Por qué me abandoaches?
Ramiro
Quédame unha duda. Si, na sabedoría hindú o pecado maior é a ignorancia. Na nosa tradición parece haber unha contradicción: se Adán e Eva non comesen do froito da ciencia... qué aburrimento, non? Pero o que sempre me chamou a atención é que, pese a que o Xénese é clarísimo con respecto ó pecado do Home, a maioría da xente ten metido na cabeza que o pecado orixinal é o sexo. Será porque descubren a súa desnudez? Será pola represión sexual posterior? Será porque, como sostén o hinduismo, o sexo nos ata ó ciclo da vida e a morte? Non sei. Pero no Evanxelio está dito: "mentres estea no mundo, eu son a luz do mundo" e "fareivos ver, aínda que queirades ser cegos". Síntoo, as citas son de memoria e non deberían selo.
Vai frío no scriptorium. Deixo este comentario, non sei para quén, deixo este comentario, que non sei para qué serve. Stat rosa pristina nomine. Nomina nuda tenemus.
Ramiro
P.D.: por suposto, non me doe o polgar, coma a Adso de Melk, senón o índice...
R.
Eu non teño dúbidas: O MAL con maiúculas (ademais do capital,claro)é a ignorancia. Coñezo algúns malos e todos,todos, son rematadamente ignorantes. Pero, ao tempo (será a miña cultura xudeo cristiana) creo na virtude da inocencia. A bondade neste caso parece atoparse nos extremos: Saber ou non saber. O mais perverso e o saber a medias, en definitiva, as medias verdades. E tamén o saber sin a necesaria humildade.
Esquecíame outra vez, e iso que non penso noutra cousa: Quero ter unhas palabras de recoñecemento especiais para as galletas caseiras de Mónica. Verdadeiramente incomparables. E como non desexo odiosas comparacións en desventaxa miña, mañán vou repetir coas gominolas.
Un saudo a todos
Patricia
Eu sigo insistindo na miña teima.
Hilton e o seu Paraíso Perdido. Hilton nunca estivo no Paraiso. Nunca puido imaxinalo. E máis parece que sofre terriblemente. E iso que creaba o seu Saber. Discute con Deus.Pídelle explicacións de porque o arrancou da "lama"-da Nada- e o levou "ás tebras da luz"-á ignorancia do querer Saber o que non está ao seu alcance-. Parece que non lle chega a "Luz", o "seu saber". ¿Que pretende? ¿Un imposible? Está desesperado. O seu Saber non é abondo para arranxar todas e cada unha das dificultades que se lle presentan na vida. A cada problema que ten, inventa un Saber, é dicir, dálle a súa propia solución. Non o critico, paréceme admirable.
Entérase dun problema: está nas súas viaxes e chéganlle rumores de Guerra Civil en Inglaterra. E volta. O "aristócrata" ten que estar alí. Manexa o Saber contemporáneo. Como Política e Relixión van da man na época, en 1649 Cromwell nomea a Hilton Ministro de Linguas Extranxeiras. Dálle Poder. Suma na súa persoa Saber e Poder. Ou á inversa.
Eterno dilema. Eva deu vida: Caín e Abel. Pero antes comeu do froito da árbore da Ciencia do Ben o do Mal. E da Árbore da Vida. ¿Comeu realmente enganada polo demonio? Non é que adiviñaría que a árbore lle resultaba necesaria para acadar a Sabiduria. Non. Caeu na Desobediencia. Era unha Sapiens. Con Satanás concebiu o Ben e o Mal. Por iso se autoexpulsaron do Paraíso. Pregúntome de quu lado está o afán de Saber de Hilton, de Frankenstein, de R. Walton e dos demáis. ¿Non coméría Eva a mazá mala? ¿A árbore da Ciencia do Ben e do Mal e a Árbore da Vida non conducen sempre ás Tebras e a Lama? A codicia para acadar a Sabiduría é o que atormentou a Hilton. Por iso lle pide xplicacións a Deus. Ninguén coñeceu o Paraíso. Nin somos capaces de imaxinalo nin en soños. Nunca existíu. Pero o Saber explica porqué Eva entrou ao trapo de Satanás e caeu na Desobediencia ao mandato do Poderoso.
David.
Respecto á "Filosofía Natural" non sei o que significa. ´Hoxe todo é Ciencia. Nós creamos o método: porqué algúns falan de cientifismo? Claro que as "máximas" non conducen a ningures.
Sen Sexo non hai vida. Sen vida non hai Saber. Sen Sexo e sen Saber non hai Luz.
E logo este non é o noso "paraíso"? E curiosanente este paraíso conduce á morte. Pero que esta sexa natural e non provocada pola Física, pola Química e polas Matemáticas. Quen arrima o seu ombro para acadar estas metas non coñece o Saber, só ten un escaso coñecemento empregado no Mal.
Comparto con Patricia a súa experiencia. Coñezo aínda ben malos "e todos son rematandamente ignorantes". Réinalles. Será que aínda non dixeriron xeneticamente a mazá de Eva.
Por experiencia, quen ademais de ter coñecemento, ten o Saber, sempre está do lado do Ben. Claro que sóbran dedos das mans para contalos.
David.
Estou de acordo. Pero con respecto ó sexo, eu referíame ó hinduismo e ó budismo. Eles non teñen unha visión negativa do sexo, senón do mundo. Buda está por encima dos propios deuses. Os deuses están na cúspide do Universo, pero forman parte del. En cambio, Buda chegou ó Nirvana, é dicer, desfíxose totalmente da súa identidade, do seu "eu" e reintegrouse ó Universo, escapando do ciclo eterno das reencarnacións.
Con respecto ó "cientifismo", penso que Patricia non está contra o cñecemento científico nin contra o método científico, senón contra aqueles que consideran sen interés calquera cousa que non poida expresarse en linguaxe matemática ou responda ás leis da Física. Desgraciadamente, ou afortunadamente, penso eu, o ser humano ten problemas, dúbidas e aspiracións, individuais e colectivas, nas que hai que profundizar por outros camiños: a arte, a filosofía, o dereito, etc.
Ramiro
Aludín antes a Platón. Lembraba agora de novo o mito da caverna,traído ao fío do que di Ramiro. Cantas veces non o representou a Historia: Prisioneiros da ignorancia, con todo o seu saber arraigado nela, qué malamente reciben a noticia de que todo iso no que cren estaba errado. O xoven Frankenstein (qué xoven era, tamén hai que terllelo en conta)tampoco acepta de bo grao as implacables críticas do seu profesor as súas crenzas alqumísticas. E nunca se desprende completamente delas, aínda que reciba con voracidade os novos saberes que se lle ofrecen. Alimentando quedan aquelas as súas escuras fantasías e corrompendo todo o sentido da ciencia e do saber. É así ou non, Mónica? Pola miña parte acepto humildemente que veña a Filosofía a sacarme do erro.
Patricia
Sigo dicindo que non sei o que é a "filosofía natural". Quizaves, con todo atevemento, esté máis na liña da "Natureza do estado das cousas".
Tampouco busco a xuventude como desculpa aos erros. Todo o contrario, os erros e a ignorancia aumentan coa idade. Hai quen confunde experiencia con Saber. Resulta que "a codicia" maniféstase con máis intensidade co paso da idade. Salvadas algunhas excepcións, faltaría máis.
O pensamento de Platón non se entende nos libros de texto, que por certo dá vergoña a forma en que interpretan a Platón. Especialmente ao popio Sócrates, especialmete cando fala en boca de Platón. Din e interpretan o que lles parece.
A corrupción da Ciencia non está nas mans do Saber. Todo o contario, está na repugnante ignorancia. No Poder. En calquer tipo de poder, por moi pequeño que sexa. Ata na simple emisión dunha calificación dun exame.
Quizaves unha pequena volta polo Pragmatismo non esté demáis. Quizaves tamén darlle unha voltiña á concepción do Poder e do Saber de Aristóteles tampouco sobre. Quizaves coñecer un pouquiño a Guillermo de Ockan non sexa unha viaxe perdida. Quizaves comparalo co Voluntarismo e co Intelectualismo dominantes e enfrentado no pensamento da época tampouco sobre. Hai tantos quizaves...
Quizaves coñecer os mitos é algo absolutamente imprescindible. Quizaves darnos de conta de que aínda hai mitos na sociedade dos dous últimos séculos, tampouco estaría de menos. Quizaves ler un libro dos mitos actuais tampouco sobraría.
Pero sigo sin saber o que é a Filosfía natural.
"Filosofía natural" é o termo que emprega o propio doctor para referirse ós estudos que lle interesan. Téñase en conta que a novela está ambientada a finais do século XVIII ou comezos do XIX. Non existía aínda unha especialización e distinción clara das diferentes ciencias como a que existe hoxe. Por exemplo, os gregos chamáronlle "Física" ó estudo da physis, é decir, da natureza. Para eles, o estudo das plantas entrba ba "Física". Hoxe en día poderíamos traducir "Filosofía Natural" por un termo bastante inapropiado: "Ciencias".
Ramiro
Mary Shelley andaba un pouco desorientada neste caso.
Curiosamente sempre sen contrapon natureza a sobrenatureza. "Difficilis quaestio de natura naurae"(Tomasio).
Creo recordar que antes que no concepto de Phisys os gregos centráronse no cosmos. Todas as posicións nos presocráticos están identificadas no cosmos, por contraposición ao "cháos". O ""lógos" é o principio intelixente. Cito a Heráclito: "este cosmos...foi, é e será lume eternamente VIVENTE, que se encende según medida e se apaga según medida". A conto do doctor Frannsentein: "alí onde está a xénese das cousas que existen, alí mesmo teñen que corromperse por necesidade, pois elas teñen que corromperse por necesidade, pois elas teñen que cumprir a xustiza e pena que reciprocamente se deben pola súa inxustiza conforme á orde do tempo" (taducción de Aranguren).
Os Sofistas xa non pensan só na phýsis. Repléganse sobre si mesmos. Son humanistas e preocúpanse polo problema ético (que tamén suscita Mary Shalley). Sócrates plantexa outro problema,que vén a colación da disputa que Milton mantén con Deus nos seus versos: se nos guiamos polos sentidos, estes vanos ofrecer unha imaxe enganosa, equivocada. "As cousas deste mundo non son máis que meras sombras". A única verdadeira realidade é a das Ideas "que habitan eternamente nalgún lugar do ceo".
A colación de Serpe e de Eva: ¿que dicir de Sócrates sobre a Desobediencia ás leis? Ambos cumpriron a súa penitencia. Recordando que a única realidade é a das Ideas "que habitan nun lugar do Ceo", así que as cousas deste mundo só son tebras. Aristóteles: ¿Que é o xusto? O xusto "por Natureza é aquelo que en todas partes ten a mesma forza e non depende das diferentes opinións". Parece que non todo se correspnde co que hoxe podemos concebir como as mal chamadas "Ciencias".
Creo que na época Helenística tamán se aborda a Física e a Lóxica. Claro que xa se descende do anterior estudo sobre o Cosmos e a Phýsis (A Natureza, as Ciencias de hoxe).
Pregunto, estimado Profesor Ramiro, na seguinte expresión trátase a Filosofia Natural,xa que logo as "ciencias" de hoxe, ou un tema divino: "recta et a numine deorum tracta ratio, imperans honesta prohibensque contraria".
¿Era coñecida a idea de Creación no pensamento grego? Penso que non. Vaia lio que se debeu armar cando apareceu unha afirmación monoteísta: un Deus persoal ocupado na gobernación do Mundo". Cousas de xudeos que se aproveitaron do Cristianismo para contaminar coas súas teses. Ao final, As Ciencias parece que se reducen a un dogma: a Redención e o precepto (mandato) do amor entre os homes. ¿Filosofía Natural? Non. Creo que Hilton quería basar todo o Saber na experiencia. Pura actividade sensorial, mecánica,materialista e Voluntarista.
Gracias.
David.
Ehem... Non teño moito tempo nin cerebro para estas cousas e, de todos xeitos, filósofos hai no Clube de Lectura que lle poden aclarar a cuestión (asegúrollo). Eu son un pimpín, non sei se ontolóxicamente, pero intelectualmente falando, sono.
O coñecemento que temos dos presocráticos (algúns posteriores a Sócrates) é fragmentario, cando non secundario, o que nos leva, por enriba, ó problema das citas e da memoria na Antigüidade (hai tela para cortar, empezando polo Protágoras de Platón).
Se a miña memoria non me falla, creo recordar que, segundo Olof Gigon (lino eu, non mo contaron), a palabra "chaos" está malinterpretada a partir de Ovidio como "masa informe" por oposición a "Kosmos", orde ou adorno (cf. "cosmética"). Pero, segundo él, remite á palabra chasma, barranco ou abismo ou veo do paadal. En definitiva, que quizáis pensaban máis nun espazo baleiro, nun "horizonte" no que se abre paso o "kosmos".
Por outro lado, nunca opuxeron, que eu saiba física e metafísica (que, etimolóxicamente, significa "os libros que veñen despóis dos de Física, enténdase, na colección de escritos de Aristóteles, e que séculos despóis chamouse tamén Ontoloxía ou Estudo do Ser). O que opuxeron foi "physis" e "nomos", ou sexa, natureza e norma ou costume.
Isto como exemplo do pouco que sabemos a ciencia certa (?) dos "presocráticos". Pero é que da maioría consérvanse unhas cantas citas ou versos, e o mesmo Gigon concédelle máis valor a Heráclito como poeta que como filósofo ou razoador rigoroso. Je, je, por algo sempre preferín a Parménides. Non hai cór.
Qué máis? As Ideas de Platón? Eu chamaríalles Formas ou, se quere poñerse máis mderno, Universais. Ata onde eu alcanzo, aparte de que mesturamos todo, non é doado demostrar que existen ou que, como pensaba Ockham, eran meros "conceptos" ou "nomina" do noso Sistema Operativo. Eu tamén fun ockhamista, de novo. Hoxe penso que Tomasiño era máis filósofo. Se o di Copleston, que é xesuita, eu créollo.
Para acabar este rollo: é certo que, segundo "os gregos", non recordo cál en cocreto, nihil ex nihilo. É decir, da Nada Nada sae. O que queira crer nisto, é libre. Tamén eu o son. Pero enténdoo no senso parmenídeo e tamén no aristotélico: non coñezo nada que non teña unha causa. Logo debe de haber unha causa non causada e un motor inmóbil. Ou non. Se o soupese...
Tamén di, noutro sentido, a Baghavadgita, unha parte do Mahabharata, isto si máis preto de Parménides (cito a traducción de Rguez. Adrados do sánscrito a castelán de memoria, ¡toma ya!):
Los contactos de la mente, ¡oh, hijo de Kunti!, son dadores de Placer, Dolor, Frío, Calor, van y vienen, son eternos. Sobrellévalos, descendiente de Bharata. Aquel a quien no hacen temblar, ese sabio igual en el placer y en el dolor, ese Toro entre los Hombres, llegará a Brahma.
Ramiro.
P.D.: Manolo, por favor, perdóame.
"non coñezo nada que non teña unha causa. Logo debe de haber unha causa non causada e un motor inmóbil."
Sinto as presas. Qué mal escribo! Quería decir: na miña experiencia non coñecín ningún efecto que non teña unha causa, ou así o creo. Pero se me poño a imaxinar unha cadea de causas que dé conta do Universo, entón a miña mente, que é finita, chega á conclusión de que a cadea non pode ser infinita e pensa que ten que "existir", si, unha causa primeira non causada, un motor inmóbil. Qué é? Ah, non sei.
Hai unha obra de teatro titulada: Amar, verbo intransitivo, que nin vin nin lin. Non estou de acordo có título: pero eu sempre sentín isto: crer, alomenos no meu caso, é un verbo intransitivo. Teño fé sen complemento directo.
Que a Forza vos acompañe
Na fé non hai complemento directo.En calquer caso é circunstancial.
Ninguén sabe o que é o infinito. Este é unicamente unha teoría matemática. O exemplo mundano: dúas paralelas xúntase no infinito. O das vías do tren. Quen lle dera a un dos pouquísimos Matemáticos vivos probar que é así. Hoxe moitos sábeno de memoria, con acerto ou non. Entón o Universo xúntase no infinito. ¿Xa me explicaran como e porqué? Eu non sei. ¿Hai un só Univero? ¿Existen varios Universos? ¿Os Universos son paralelos? De ser o caso entre universos ¿que hai? ¿Está de verdade probada a teoría do Big Bang? ¿Houbo só "por aquí" unha grande explosión? ¿Ou quizaves houbo un feixe de explosións nos tempos? ¿Cal foi logo a Causa? Tampouco o sei. "Ai, so soubera!!".
Claro que a miña experiencia é pequena e posiblemente "moi" finita, cousa que me agrada. Como a de todos os seres celulares. Incluído o animal que se "cre" intelixente. Falo dos que sobreviven na Natureza, non dos que inventan e descubren.
Todo ten unha causa. Todo. Claro que o Saber non alcanza a coñecela, entendela e interpretala. Pode vender moitas teses. Pero, a día de hoxe, nada máis. E ¿se houbera unha causa errónea-que o Sapiens cré e razoa con ela?- que causara outras causas erróneas?
Non estou "posto" na linguaxe de Majabarata, nin no resto.E moito menos nos contactos da mente ligados á eternidade. ¿Que é iso da eternidade?
Si, lembro de onde vén a ensinanza final: "que a Forza vos acompañe". Ata o fin. Con fortuna ou desgracia. É unha dos poucos desexos nos que creo.
Con todas as miñas desculpas: moito se enfretaron os Filósofos. Claro que isto non é o mesmo que repetir nas aulas, como fan os loros, as inacabadas doctrinas dos Filósofos.
Grave problema este o do Saber.
Gracias.
Unha aperta.
David.
Posible resposta ás dúbidas e sufrimentos de Milton,(ou de Mary Shelley), do Astrifísico membro do Observatorio Vaticano, Manuel Carreira,sacerdote criado en Vilalba (Lugo) e profesor universitario nos EEUU:
"Ciencia y fe son dos maneras opuestas de conocer aspectos distiontos de la realidad. La ciencia es el estudio de la actividad de la materia. La fe estudia todos los aspectos que no pueden prtobarse en un laboratorio no pinerse en una ecuación. El límite de la ciencia no limita su afán de conocer, sino su aplicación a la realidad. Para la enseñanza bíblica no importa como comenzó el Universo. En cambio para la ciencia importa lo que puede deucirse de datos experimentales, que no dicen nada de la filosofía de la existencia humana. Pero al aceptar que el Universo onservable no es eterno, que tuvo un proceso científico, me lleva a la conclusión de admitir un acto de creación.
---
Pode que esto alivie un pouco a Milton.
Un abrazo.
David.
Publicar un comentario