domingo, 23 de mayo de 2010
CORAZÓN E OUTRAS VÍSCERAS
Ha, o amor! Ha, ríome! Pero a quén lla queren colar? Se tanto lle gustaba este, logo por qué casou có outro? E a criada esa, eh? Anda que non lle dá nada á lingua, e cun estraño! Pero... por qué non conta por qué a botaron de "Cumbres borrascosas"? Ai, claro, non lle interesa! E monta a película esta toda para despistar á audiencia. Igualiña que súa nai quenpazdescanse; e calooooooooooo... porque non me gusta falar mal de ninguén e menos dos mortos, pero todo o mundo sabe que non era nin moi boa nin moi limpa. Eu sonche Santa Clara. Ai, se a min me gustase darlle ao pico!...
Heathcliff, chama!!!
Etiquetas:
brönte
martes, 27 de abril de 2010
CUMBRES BORRASCOSAS
E esta vai ser a derradeira novela deste ano: Cumbres borrascosas, nada menos. Aquí non andamos con tonterías: que si busca o tesouro, que se reolve ó enigma. Nada, nada: poesía sen anestesia e a pluma, cal bisturí, directa ó corazón palpitante. Na imaxe, a adaptación cinematográfica máis coñecida, con Lawrence Olivier facendo de Heathcliff e Merle Oberon como Catherine Earnshaw. E ós seus pés, por suposto, a queiruga.
Etiquetas:
brönte
jueves, 22 de abril de 2010
CUMBRES BORRASCOSAS DE CINE
APARÉCETE, ACÓSAME, ATORMÉNTAME, PERO NON ME DEIXES SÓ NESTA ESCURIDADE!...
Aquí tés un fragmento da película de William Wyler, a clásica.
E aquí podes ver un fragmento de "Abismos de pasión", a adaptación feita por Buñuel en Méjico có noso Jorge Mistral de protagonista.
Etiquetas:
brönte
martes, 30 de marzo de 2010
MERLÍN E FAMILIA
Estamos lendo "Merlín e Familia", de Cunqueiro. Qué queríades que puxera, unha imaxe céltico-prerrafaelita con Xenebra e Lanzarote mirándose os ollos nun bosque encantado? Oh, Jasús! E logo San Martiño de Mondoñedo, berce da nosa diócese, a do bispo Maeloc, non é máxica dabondo? Aquí todo é máxico, a pedra que asoma entre os toxos, a pedra traballada polos mestres canteiros da Idade Media, a néboa, as "figueiras viciosas"... A min gustábame o cheiro a madeira queimada e esterco que había antes nas aldeas, o aroma da baixamar nas ribeiras, o sabor a monte das nosas setas... Por algo somos a Fisterra e o destino dos peregrinos... A reserva espiritual de Occidente, vamos. Guíanos, Strela do Día!
jueves, 4 de febrero de 2010
PIRATAS, CORSARIOS, BUCANEIROS, FILIBUSTEIROS E OUTROS MALANDRÍNS MARINOS (OU FLUVIAIS)
Existen dende que se coñece a navegación, mais ou menos. Mariños que atacaban barcos e cidades costeiras. As actividades delictivas cometidas no mar ou dende o mar están recollidas na literatura mais antiga: O mesmísimo Ulises tiña tanto de pirata como de heroe. E, non nos levemos a engano, nunca estas actividades foron mal vistas por todo o mundo. Cantos estados non se beneficiaban directa o indirectamente delas e fixeron (e fan) a vista gorda ante os desaforamentos que perpetraban certos barcos nas súas costas ou fora delas. No século XVII esta relación entre estados e piratas consolidouse de xeito “institucional”. Algúns gobernos empezaron a emitir as chamadas patentes de corso, autorizando expresamente aos barcos a atacar outros barcos e portos inimigos, eso si, compartindo o botín. Xurdiu así a figura do corsario: O pirata con licencia. Esta especie de guerrilla marítima (pero con botín) foi o xeito de facer a guerra de países como as Provincias de Holanda ou o reino de Gran Bretaña contra o dominio do maior dos imperios, o español.
Pero mais tarde, estes mesmos corsarios decidiron desligarse do “contrato” que mantiñan cos gobernos, comezaron a actuar por conta propia e remataron por ser un serio problema para os estados (tamén para aqueles que antes os amparaban) . Era o século XVIII, a idade de ouro da piratería. A época das irmandades piratas, os refuxios nas costas do Caribe e todos eses elementos pintorescos que constitúen o escenario de tanta e tanta literatura sobre o tema que case podería constituír un xénero.
A literatura foi a mais benevolente ou alomenos ambivalente coa figura do pirata: Aínda sen despóxalos de toda a violencia e crueldade que os define, os piratas literarios representan sempre a idea de vida libre, sen ataduras. Dinámicos, activos, apaixonados,sen moral (as veces) pero tamén sen convencións, obrando por riba da norma (sempre, claro: son piratas) pero non sempre por riba da xustiza.
Poetas como Byron ou Espronceda os converteron en figura emblemática do Movemento Romántico. Logo moitos novelistas debuxaron o seu personaxe con cualidades de cabaleiro xusticeiro ou de simpático truán, segundo as esixencias da historia. Do noso Silver falaremos mais adiante, cando teñamos avanzado algún capítulo mais. Agora vos propoño que me faledes dos vosos piratas favoritos: Cales coñecedes por aí que me poidades recomendar. Qué teñen que os fai tan absolutamente irresistibles. Recollerei tódalas suxerencias que me deixedes nos comentarios e despois prometo facer un post sobre cada un deles (si me axudades, mellor).
viernes, 29 de enero de 2010
EMBARCADE XA, MANGANTES!
Veña, abride xa os libros, tirade do cabrestante, izade a vosa pereza con tódalas vosas forzas! Despregade as páxinas! Largade o trapo! Imos en busca de aventuras, nunha goleta ben feitiña e mariñeira.
Entonade un son que vos axude no traballo! Vamos, piratas de Entroido!
Quince homes sobre o cofre do morto,
io-ho-ho!, e unha botella de ron!!!
Entonade un son que vos axude no traballo! Vamos, piratas de Entroido!
Quince homes sobre o cofre do morto,
io-ho-ho!, e unha botella de ron!!!
jueves, 28 de enero de 2010
Morreu o conto
Si, acabamos de ler Frankenstein e para celebralo, qué mellor que ver a derradeira interpretación de Mr. Peter Cushing como Viktor Frankenstein, nunha película da mítica Hammer, dirixida polo mítico Terence Fisher? Eh?
Si, a nosa favorita, sen dúbida. Pódese escribir un libro falando dela. Ah!, e gracias a ela enterámonos de que un dos socios do noso selecto club xa ten clara a súa vocación: a ci-rur-xí-a. Muahahahahahahahaaaa!!!!
A rei morto, rei posto...
E agora, imos polo tesouro, por mil millóns de naufraxios!!!
Etiquetas:
cine,
frankenstein
martes, 5 de enero de 2010
FELIZ NOITE DE REIS
-Ides decir: vaia imaxe para a noite de Reis! Pois tedes razón... Pero a vida, ás veces, éche así... Ti aspiras a ser xogador da NBA e acabas como criado xorobado de Drácula (quero decir, como "empregado doméstico dun nictálope cun lombo que non me chega para tódalas que levo").
-Igorrrr!!! Volviches xogarrr có PowerPoint, verdade?
-No, mi amo! Power Point non, que son de Linux...
-Agrrrrrrr! Non che van trraer nada os Reis. Falando de min no teu Clube de Lectugga!... O prróximo que vai ser, irr á tele?
-Baltasar, Baltasaaaar! Estou moi arrepentiiiido...
Etiquetas:
cine,
Drácula,
frankenstein
lunes, 21 de diciembre de 2009
BÓ NADAL
Dado o ton moderadísimamente incorrecto e libertario deste blog, non podíamos menos que desexarvos un Bó Nadal da forma tradicional, coa imaxe do Portal e a Adoración dos Reis, e non cunha desas imaxes asépticas tan de moda e que non se sabe a qué festa se refiren: Nadal, de Natalis, ou Navidade, de Natividade, é decir, Nacemento. Déixamosvos tamén un poema de Gloria Fuertes e unha invitación a que sigades mirando o blog durante as Festas. Non vai estar parado! Unha aperta e que se cumpran os vosos mellores desexos.
Ya está el Niño en el portal, que nació en la portería.
San José tiene taller,
y es la portera María.
Vengan sabios y doctores
a consultarle sus dudas,
el Niño sabelotodo
está esperando en la cuna.
Dice que pecado es
hablar mal de los vecinos
y que pecado no es
besarse por los caminos.
-Que se acerquen los pastores,
que me divierten un rato,
que se acerquen los humildes,
que se alejen los beatos.
-Que pase la Magdalena,
que venga San Agustín,
que esperen los Reyes Magos
que les tengo que escribir.
Etiquetas:
poesía
jueves, 17 de diciembre de 2009
Estou desolado

Vexo que hai problemas para ver (ou visualizar, que din agora) a barra lateral en güindous e en chrome. Estamos ahí nun sinvivir, tratando de amañalo, pero non hai forma. Se é posible, usade o Firefox, ho, que vai de medo...
Veña, descargádeo xa...
E se o queredes en galego, ide aquí.
lunes, 14 de diciembre de 2009
E se saíse ben?

Pois iso, e se o experimento de Viktor Frankenstein saíse ben? Puido lograr algo así coma Sean Young, unha das "replicantes" de "Blade Runner". Xa sabedes, nun futuro próximo, cós seres vivos case extintos, a biotecnoloxía crea androides tan perfectos (ai!) coma Sean Young.
E aquí desvelo o obxecto da miña polémica. Tal vez podemos atribuír a Mary Shelley un prexuízo lexítimo, que o Ser Humano e as súas creacións (coma a Ciencia) son limitadas e polo tanto debe... alá cada quen, que saque as súas conclusións.
Pode ser. Pero, aparte disto, ninguén me negará que tamén se puido plantexar a posibilidade do éxito. Sería menos dramático? Ben, para o Ser Humano sería problemático (temos alma?), pero para a "criatura"... qué sería, tráxico? Ó que vou. Xa dixen unha vez que o tema central, para min, é a propia condición de "criatura" do noso amigo sen nome, creado por quen fose, abandonado á súa sorte, rexeitado polos seus "semellantes"... Coma nós. Cómo era aquilo que lle dicía o policía interpretado por Edward James Olmos a Harrison Ford en "Blade Runner", cando éste aínda non sospeitaba a súa propia condición?:
-Mágoa que a rapaza non poida vivir, pero... Quén vive?
Etiquetas:
cine,
frankenstein,
shelley
sábado, 5 de diciembre de 2009
FINA ESTAMPA

Así decía unha canción de María Dolores Pradera falando dunha especie en perigo de extición. Pois ben, aquí tedes un dos últimos exemplares de CABALEIRO.
Etiquetas:
cine,
frankenstein
viernes, 27 de noviembre de 2009
FREAKS
En España titulouse "La parada de los monstruos". Foi dirixida en 1932 por Tod Browning (no centro da foto, con bigote), o mesmo que dirixiu a Bela Lugosi en "Drácula".Queredes saber de qué trata? Dun circo ambulante onde un grupo de seres humanos expoñen as súas taras físicas e mentais como espectáculo para os seres "normais". Ten escenas moi duras, é crudísima, pero tamén é reconfortante a humanidade dos "freaks", a súa camaradería e a axuda mutua que se prestan para facer fronte á crueldade e á estupidez humana. Por certo, os actores eran realmente "freaks", seres distintos e marabillosos. Contan que moitos actores da Metro-Goldwin-Mayer non soportaban a súa presencia na cafetería e nos corredores dos estudos. Eu teño case a convicción de que unha película así sería imposible de estrear hoxe en salas de cine comerciais. E pasou case un século.
Etiquetas:
cine,
frankenstein,
monstros
miércoles, 25 de noviembre de 2009
IMPORTANTE: LEDE ISTO XA
Ola. Aquí podedes ver ou descargar unha presentación titulada "Monstros". Gustaríame que a vísedes (ou visionásedes, que din algúns e algunhas) e despóis (só despóis) participedes na enquisa que aparece á dereita da páxina.Nota: a presentación, lóxicamente, está feita en OpenOffice, pero déixovola no formato ppt, porque sei que a maioría seguides empregando o Sistema Inoperante do Lado Escuro. En fin, xa veredes algún día a luz de Linux.
Etiquetas:
frankenstein
lunes, 23 de noviembre de 2009
Elemental, querida amiga

Elemental, querida Patricia. O seu comentario é elemental. Eu son o xenuino Sherlock, como fun o mellor Van Helsing e o máis grande Frankenstein.
Ah, se eu non fose tan misóxino, ata recoñecería e saudaría abertamente a súa intelixencia e bó gusto!
Por certo, o da miña misoxinia é certo. Qué ten de raro que convivan xuntos durante anos e anos dous cabaleiros sensatos coma Watson e coma min? Non o fan Epi e Blas?
Á xente gústalle falar... e ler novelas. Se se conformasen coa televisión...
Etiquetas:
cine
Drácula ou Frankenstein? Os dous!
Esta entrada do blog quere ser un pequeno recoñecemento a unha das nosas compañeiras, que non estivo connosco o curso pasado, pero que quere recuperar o tempo perdido e, ademáis de Frankenstein, tamén está lendo Drácula. Así se fai! Para ela e para o resto deixamos estas dúas fotos de Peter Cushing. Na da esquerda interpreta a Van Helsing (non, non é Seward, é Van Helsing, cousas do cine) e na da dereita interpreta a Víktor Frankenstein a punto de inocularlle á súa criatura a vacina contra a gripe A (é broma).Por outra parte, algúns de vós dixéronme que non puideran facer comentarios desde os ordenadores do instituto. Non sei a qué se debe. A outra xente nunca lle deu problemas: é certo que cando se pulsa en "publicar comentario" volve aparecer a mesma ventá, pero solicitando un código que hai que copiar. Cópiase o código e vólvese pinchar en "publicar". Probade así. En último caso, se non tedes acceso a Internet ou o que sexa, pasádenos o texto que queredes subir ós comentarios e nós encargámonos de poñelo. Saúdos.
Etiquetas:
cine,
Drácula,
frankenstein
miércoles, 18 de noviembre de 2009
O paraíso perdido
Estes son os versos de Milton (Paradise Lost) que
Mary Shelley puxo ó comezo da súa novela:
Oh, meu Creador! Acaso pedinche eu
que me arrancases da lama
e me levases das tebras á luz?
Etiquetas:
frankenstein,
poesía,
shelley
martes, 17 de noviembre de 2009
A vida é soño e os soños... cine son
Un amable lector avísanos da existencia dunha versión cinematográfica de Frankenstein do ano 1910. Aquí tedes un enlace a Youtube para vela.
Etiquetas:
cine,
frankenstein,
shelley
Carta aberta a Robert Walton
Estimado Sr. Walton: lamento informalo de que as súas fantasías e esperanzas sobre o Polo Norte son infundadas. O casquete polar é un inmenso bloque de xeo no que fai un frío que pela e, por riba, non hai cobertura para a Televisión Dixital, aínda que, de ser certas as modernas teorías sobre o cambio climático, pronto podería ser unha extensión de mar. En todo caso, coidado con ese entusiasmo e ese afán de saber. Non parece sano. Querer saber está ben, pero hai outras cousas que merecen a pena: a literatura, as castañas, a cervexa negra, os amigos, unha muller boa... A min o Polo, a día de hoxe, cáusame extrañeza e desconfianza: é un lugar solitario, moi lonxano, desértico, atractivo, si, para un físico ou un matématico, pero- cómo diría?- ... frío, carente de vida e calor humano. Non sei, non me augura nada bon. Non se plantexou vostede descubrir as fontes do Nilo ou explorar a África Negra? Por qué o Polo, precisamente?
Etiquetas:
frankenstein,
shelley
domingo, 8 de noviembre de 2009
Actividades
Aquí tedes unha imaxe do Rockefeller Center de New York. Ten relación có título da nosa novela. Trátase de averiguar por qué Mary Shelley subtitulou a súa novela como o fixo e a quen representa a escultura que aparece nesta imaxe. Tamén se trata de saber por qué no Rockefeller Center colocaron esta escultura e non outra. Podedes respostar no apartado de comentarios. Firmade có voso nome de pila. A ver quen o fai antes! Hai premio...
Etiquetas:
frankenstein,
shelley
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









